A biblioteca é tamén un espazo para xogar e aprender. Nenos e nenas achegáronse para facer crebacabezas, traballando a concentración, a paciencia e o traballo en equipo.
Entre todos e todas conseguiron completar un precioso crebacabezas da bola do mundo, descubrindo continentes, océanos e moitos detalles do noso planeta mentres ían encaixando cada peza.
Unha actividade divertida que encheu a biblioteca de curiosidade e entusiasmo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario