Amosando publicacións coa etiqueta animación escritora. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta animación escritora. Amosar todas as publicacións

sábado, 30 de maio de 2026

Organización e comunicación da información

O alumnado de 4º está terminando de organizar a información para expoñela na exposición final.

A busca de información levouse a cabo utilizando diferentes fontes: por unha banda, consultamos libros e materiais do expositor da biblioteca escolar sobre Antoni Gaudí e, por outra, completamos a investigación a través de internet. Deste xeito, aprendemos a seleccionar información, organizar os datos máis importantes e contrastar diferentes fontes.

Finalmente, toda a información recompilada está sendo organizada e presentada en pósters.

Con esta actividade, o alumnado traballou a competencia dixital, a comprensión lectora, a expresión escrita e oral, así como a capacidade de síntese e de organización da información.




venres, 13 de marzo de 2026

Club: inventamos novas historias

Nas xuntanzas do club de lectura estamos a afondar nas habilidades e nas características dos protagonistas da nosa lectura dun xeito creativo e colaborativo. 

Estamos a crear a nosa propia banda deseñada, nas que destacamos as capacidades das personaxes dando renda solta a nosa imaxinación.



luns, 15 de maio de 2023

RADIOCAMILO TAMÉN EN INGLÉS

 


Radio Camilo ten dende hai uns días un novo programa IN ENGLISH. Os rapaces e rapazas de 5º e 6º gravaron xa dous episodios. O primeiro deles é unha entrevista á nosa auxiliar de conversa. No segundo episodio 6º de primaria grava unha historia de medo...Magic Castle. Xornalistas e escritores! Estamos xa facendo canteira.! Parabéns a todos!

5ºde Primaria





                                                                      6º de primaria






mércores, 22 de marzo de 2023

MES DA POESÍA

 Celebramos o Mes da poesía dando apertura a nosa tradicional solta poética que podemos subir ao muro dixital ou colocar nos muros e  nos corredores do cole. Poemas propios e de distintos autores que van encher de emocións as nosas lecturas e creatividade. Animádevos!


Hecho con Padlet

domingo, 12 de marzo de 2023

ESCRIBINDO A BIBLIOTECA...ESCRIBINDO EMOCIÓNS NEGATIVAS E POSITIVAS

A escritura é a porta de entrada á toma de conciencia das vivencias e as emocións. Traballamos aquí como con tantos outros textos documentais e descriptivos o lema das bibliotecas neste curso.

 O departamento de orientación está a organizar varias sesións de educación emocional baixo o título O peso das palabras, dirixido á traballar a conciencia sobre o significado e o impacto emocional da palabra. A través do xogo e da análise e reflexión preténdese ir creando conciencia sobre o papel da palabra como definidor das interaccións posibles coas persoas. Queremos verbas inclusivas para unhas relacións inclusivas e escribímolas. Eles mesmos nolo explican...

1ª sesión:

Comenzamos un obradoiro dende Orientación sobre "O peso das palabras" no que traballamos a crítica non constructiva e o efecto dos insultos na nosa saude mental.





2º sesión:

Reflexionamos e debatemos sobre aquelas palabras que nos doeron e lembramos as que máis nos gustaron