Amosando publicacións coa etiqueta xogos de mesa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xogos de mesa. Amosar todas as publicacións

sábado, 30 de maio de 2026

Patios creativos con LEGO, construcións e crebacabezas

Dentro do programa Biblioteca Creativa, os recreos convertéronse en espazos de imaxinación, creación e aprendizaxe a través das actividades de LEGO e construcións.

Nestes patios creativos, o alumnado ten a oportunidade de deseñar, experimentar e construír libremente diferentes estruturas, edificios, vehículos e creacións orixinais empregando pezas LEGO e outros materiais de construción.

Ademais de pasar un tempo divertido, estas actividades favorecen a creatividade, a resolución de problemas, a coordinación e o traballo cooperativo, xa que moitas das construcións son realizadas en equipo, compartindo ideas e buscando solucións conxuntas.

Cada recreo convértese así nun momento para aprender xogando, deixar voar a imaxinación e descubrir todo o que somos capaces de crear coas nosas mans e coa nosa creatividade.



Non podemos esqueces as expertas en crebacabezas! Non hai reto que se lle resista!


venres, 13 de marzo de 2026

Crebacabezas nos patios

A biblioteca é tamén un espazo para xogar e aprender. Nenos e nenas achegáronse para facer crebacabezas, traballando a concentración, a paciencia e o traballo en equipo.

Entre todos e todas conseguiron completar un precioso crebacabezas da bola do mundo, descubrindo continentes, océanos e moitos detalles do noso planeta mentres ían encaixando cada peza. 

Unha actividade divertida que encheu a biblioteca de curiosidade e entusiasmo. 



mércores, 20 de novembro de 2024

20N - CONMEMORACIÓN DOS DEREITOS DA INFANCIA: XOGOS E LAPBOOKS NA BIBLIO

 

Hoxe, 20 de novembro, é o día no que conmemoramos os dereitos dos nenos e das nenas

Na biblioteca atopamos un xogo para descubrir ou lembrar os nosos dereitos. Gozamos moito do xogo, e tamén aproveitamos para reflexionar sobre o cumprimento dos dereitos,  a importancia de defender a infancia e as diferentes situacións que poden darse segundo o lugar no que nos atopemos. 

Completamos esta actividade coa creacións duns lapbooks coa información que atopamos nunha pequena investigación sobre a orixe dos dereitos do ser humano e, especificamente, dos nenos e nenas.

Como sempre dicimos, aínda que somos pequenos e pequenas, temos os nosos dereitos e unha voz para compartir grandes ideas cos adultos!