Amosando publicacións coa etiqueta traballo en equipo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta traballo en equipo. Amosar todas as publicacións

venres, 13 de marzo de 2026

Crebacabezas nos patios

A biblioteca é tamén un espazo para xogar e aprender. Nenos e nenas achegáronse para facer crebacabezas, traballando a concentración, a paciencia e o traballo en equipo.

Entre todos e todas conseguiron completar un precioso crebacabezas da bola do mundo, descubrindo continentes, océanos e moitos detalles do noso planeta mentres ían encaixando cada peza. 

Unha actividade divertida que encheu a biblioteca de curiosidade e entusiasmo.