Este semana, co remate do libro que estabamos lendo no club de lectura, vivimos unha experiencia moi especial: transformamos o espazo nun auténtico escape room inspirado no libro El club de los especiales de Jordi Sierra i Fabra.
Baixo o reto de salvar as “Lectoestrelas” e a continuación do club, tivemos que superar diferentes desafíos que puxeron a proba a nosa memoria, lóxica, capacidade de observación e, sobre todo, o traballo en equipo, tal e como fixeron os protagonistas da nosa lectura!
Ao longo da actividade, os rapaces e rapazas convertéronse nos verdadeiros protagonistas da historia, colaborando entre eles para descifrar códigos, resolver enigmas e superar os desafíos.
Foi unha experiencia moi divertida e enriquecedora, na que a lectura saíu das páxinas para converterse nunha aventura vivida en primeira persoa. Sen dúbida, unha forma diferente e emocionante de achegarse aos libros e fomentar o gusto pola lectura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario