Amosando publicacións coa etiqueta inclusión. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta inclusión. Amosar todas as publicacións

mércores, 25 de marzo de 2026

SOMOS INCLUSIVOS! Charla de sensibilización Down e discapacidade intelectual na biblio

No centro tivemos a oportunidade de recibir unhas charlas impartidas pola Asociación Down de Vigo, co obxectivo de sensibilizar ao alumnado e avanzar cara a unha inclusión real das persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. 

Durante a actividade realizamos unha pequena dinámica na que tivemos que desprazarnos cos ollos pechados, experimentando así a sensación de inseguridade e vulnerabilidade que poden sentir aquelas persoas que precisan apoio no seu día a día. Esta vivencia permitiunos poñernos na pel dos demais e reflexionar sobre a importancia da empatía e da axuda mutua. 


Despois, Anxo e Leti axudáronnos a aprender conceptos clave e déronnos consellos prácticos para aplicar no noso día a día, reforzando o noso compromiso de seguir sendo un centro educativo aberto, respectuoso e verdadeiramente inclusivo.



venres, 31 de xaneiro de 2025

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA - 30 DE XANEIRO

 

A nosa biblioteca súmase á celebración da PAZ e NON VIOLENCIA, pois estas son sementes que queremos que o noso alumnado leve no seu corazón como parte da súa formación e paso pola escola.

A celebración organizámola a nivel centro, pero deixámonos guiar polas lecturas, pois sempre son fonte da nosa inspiración. 

Nesta ocasión foi Bailar nas nubes de Vanina Starkoff a que nos moveu a falar da INTERCULTURALIDADE como forma de convivencia e respecto entre diferentes culturas.

Despois da lectura e da reflexión, formos "contruíndo a paz" en forma de poboado intercultural.




luns, 16 de decembro de 2024

3 DE DECEMBRO - DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro é o día internacional das persoas con discapacidade, declarado en 1992 pola Asamblea Xeral de Nacións Unidas.

É importante promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade, así como como concienciar sobre a súa situación para desenvolver valores como a empatía e o respecto.

Dende a biblio preparamos un expositor con libros que teñen como protagonistas persoas con discapacidade ou outros que nos lembran que hai riqueza nas diferenzas e na diversidade.




Tamén reflexionamos sobre as etiquetas que acompañan ás persoas con discapacidade e rompemos con elas para avanzar cara unha sociedade equitativa.