Amosando publicacións coa etiqueta expositores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta expositores. Amosar todas as publicacións

martes, 10 de febreiro de 2026

INDAGAMOS A TRAVÉS DO PDI


Gaudí: arquitecto de soños

Na biblioteca contamos co expositor de libros relacionado co PDI Gaudí, arquitecto de soños, no que podedes atopar unha selección variada de títulos.



Temos a súa biografía, libros de arquitectura, volumes ilustrados sobre os seus edificios máis coñecidos e materiais para descubrir como combinaba natureza, arte e enxeñaría nas súas creacións. 

Convidámosvos a achegarvos, explorar os fondos e deixarvos inspirar polo mundo creativo de Gaudí. 




martes, 26 de outubro de 2021

SEGUIMOS A RECIBIR CABAZAS!

 O traballo coas cabaciñas continúa. Xa estamos montando a exposición virtual que poderedes ver dende a fin de semana, metidos de cheo xa na celebración do Samaín nas casas e nas rúas. Mentres seguimos publicando as magníficas cabazas que nos ides enviando.

Estas son as que chegaron onte e hoxe!

HÉCTOR DE 1º DE PRIMARIA envía esta cabaza dinosaurio de CATRO pinchos que ademais está NO MEDIO, entre dúas velas.



GRETA da aula de 4 anos. ANTES E DESPOIS Cantas cabazas vedes? UNHA, DÚAS?.


RAÚL  da aula de 5 anos primeiro fixo un boceto do que lle gustaría e despois púxose mans á obra. Saíulle unha bruxa-cabaza cun sombreiro moi matemático.










martes, 3 de decembro de 2019

LIBRO DO MES E EXPOSITORES DE DECEMBRO

O traballo no mes de Decembro está xa centrado no cambio climático. Queremos aprender cousas ao tempo que Madrid acolle a Cumbre do clima. Mellor oportunidade non imos ter de pulsar a opinión internacional dende a nosa casa.
O día que choveu do revés é a lectura recomendada deste mes e vai acompañada dun nutrido expositor con títulos literarios e científicos que abordan a cuestión do clima.
Como o Nadal está cerca non podemos esquecer este importante expositor que nos vai pondo no camiño da ledicia festeira que está por vir.
Nas aulas recibiron recado de todo o que se cociña neste mes na biblioteca.










sábado, 15 de xuño de 2019

50 ANOS DA EIRUGUIÑA

Este curso poñémonos sempre moi ledos cando podemos celebrar outros aniversarios canda o noso. Feliz descoberta foi saber que a eiruguiña máis comechona de tódalas eiruguiñas cumple tamén 50 anos. 50 dende que o seu autor Eric Carle puxéraa a comechar de froita en froita.
A biblioteca non quixo perder esta celebración e preparou un expositor especial para este conto, coincidindo tamén coa semana de froita nas nosas aulas. Coma sempre que queremos afondar nunha lectura temos publicado unha serie de recursos, variados, algúns deles inclusivos,  para tódalas aulas que se queiran achegar a el.
Os pequenos xa o fixeron. Eles están moi afeitos  a observar o comecome continuo das nosas eirugas da seda, así que foi unha festa acompañar a esta eiruguiña de conto. Ao tempo que comían as variadas froitas que nos ofreceu o programa, atrevéronse primeiro a ler e, despois,  a escoitar a lectura deste nutritivo libro. Ademáis practicaron no super  dun fruteiro moi especial (O señor Can) a compra de froitas. Que mellor que levar a literatura á vida diaria.











domingo, 16 de decembro de 2018

OBRADOIRO DE GANCHO E RECUNCHO LECTOR

Dentro do noso proxecto Plambe de  "laboratorio creativo de aprendizaxe" vimos desenvolvendo durante este trimestre  un obradoiro de ganchillo nos recreos que tivo un grande éxito. Coa lectura do conto "Ovelliña dame lá"  deu comezo  este obradoiro no que moitos nenos e nenas de diversas aulas foron e van pasando pola biblioteca aprendendo da man da profe Elena e preparándose para ser elas  e eles quen tamén  ensinen aos compañeiros.  Xa son quen de facer moitas cousas e teñen un proxecto secreto que aínda non desvelaremos...co tempo veredes o que se traen entre mans.
Da man deste obradoiro temos montado un novo recuncho lector baixo  o título de "Dándolle ao fío" con lecturas variadas nos que os fíos dun ou doutro xeito son protagonistas.
















RECUNCHO LECTOR ADICADO ÁS DÚAS PRIMEIRAS MISIÓNS DAS AULAS

Cartas e localización xeográfica local e sideral protagonizan outros dous recunchos lectores instalados na biblioteca, respondendo ás necesidades derivadas das tarefas que están a desenvolverse neste momento en relación ao noso Proxecto documental integrado.
A carta é un texto moi importante na comunicación que non debemos perder neste tempo de whatsapps e correos electrónicos. Cada comunicación ten o seu sentido e non temos por qué renunciar a ningunha. Tampouco perder a oportunidade de traballar a linguaxe, mellorando a nosa gramatica e vocabulario e xa de paso coñecer todo o mundo que xira en torno a ela...sobres, selos, carteiros, caixas de correo, cartas especiais,...
O recuncho adicado ás cartas quere achegarnos ata esa literatura epistolar que podemos considerar un universo poético particular en moitos casos, e que polo mesmo tamén se adentra no outro camiño polo que está a discurrir á  nosa vida lectora neste curso, a vida das "Poéticas diversas", lema deste ano nas BE. Arte, literatura,...literatura entendida como arte de comunicar cun código propio. Como é lóxico non están todos os que son, só unha pequena mostra, abrindo camiño.