Imos mirar un pouquechiño cara atrás porque con tanta actividade no cole sempre nos queda algo por amosar. Nunha entrada anterior déramosvos conta das propostas que tiñamos para "celebrar" o Día da non violencia. O pasado día 25 de novembro o noso cole encheuse con moitas desas actividades variadas avanzando na reflexión sobre a violencia de xénero. Os contos "Eu matarei monstros por ti" e "Que medo che gustaría vencer? ....,e algúns outros que lemos, foron o apoio para este labor. Os dous contos estiveron Non fomos quen daquela de publicar o que estivemos a facer nas aulas; pero agora antes de que vexades o que estamos facendo para o nadal non queremos que vos perdades as cousas anteriores. Mirar ao noso interior para empatizar mellor coas mulleres e familias que sofren foi o obxectivo de todas esta reflexión de grandes e pequenos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario