Amosando publicacións coa etiqueta samain. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta samain. Amosar todas as publicacións

sábado, 9 de novembro de 2024

SAMAÍN NA BIBLIO

 SAMAÍN NA BIBLIO 🎃 🕷️ 👻 

A biblio do noso cole non puido librarse dos efectos do samaín… Nestas últimas semanas, uns pequenos seres 🕷️foron conquistando as nosas estanterías coas súas teas… Foi difícil non quedar presos nas súas redes… 

As pantasmas do Párroco tamén pasaron pola biblio para amosarnos as lecturas máis terroríficas 📖👻 

Entrar na biblio sempre é unha aventura… pero esta foi arrepiante 😦🫨 

Os nenos e nenas do cole gozaron e compartiron lecturas terroríficas con monstros e meigas como protagonitas... E  tamén se achegaron á historia do Samaín e coñeceron a orixe desta celebración en Galicia.




sábado, 30 de outubro de 2021

EXPOVIRTUAL SAMAÍN FORMAS ENCANTADAS

 Aínda que seguen chegando cabazas porque estes días son os propios de facelas e iremos incorporando todas segundo nos cheguen, imos amosándovos xa as que temos montadas na nosa expo virtual de cabazas...moiiiii matemáticaaaaas!!! Non esquezades seguir pasándovos dentro duns días para ver as novas incorporacións. 


martes, 26 de outubro de 2021

SEGUIMOS A RECIBIR CABAZAS!

 O traballo coas cabaciñas continúa. Xa estamos montando a exposición virtual que poderedes ver dende a fin de semana, metidos de cheo xa na celebración do Samaín nas casas e nas rúas. Mentres seguimos publicando as magníficas cabazas que nos ides enviando.

Estas son as que chegaron onte e hoxe!

HÉCTOR DE 1º DE PRIMARIA envía esta cabaza dinosaurio de CATRO pinchos que ademais está NO MEDIO, entre dúas velas.



GRETA da aula de 4 anos. ANTES E DESPOIS Cantas cabazas vedes? UNHA, DÚAS?.


RAÚL  da aula de 5 anos primeiro fixo un boceto do que lle gustaría e despois púxose mans á obra. Saíulle unha bruxa-cabaza cun sombreiro moi matemático.










domingo, 6 de decembro de 2020

PRESENTACIÓN RELATOS DE MEDO

    Imos aproveitar esta finde longa para poñer ao día os nosos proxectos do cole. Non pensedes que non estivemos a facer cousas malia non podermos desfrutar da biblio como nos gustaría. Neste curso tan especial, a biblioteca sae das súas paredes e reparte libros e experiencias por tódalas aulas do cole. Iso si, as paredes ben baleiras para que a desinfección sexa máis doada.

   Durante os meses de outubro e novembro, co gallo do Samaín, estivemos a traballar coa temática dos monstros, aliados para loitarmos co coronavirus. Neses días escribirmos en moitas aulas uns estupendos relatos de medo. Gianni Rodari, autor que faría 100 anos neste 2020, foi quen nos inspirou estes relatos feitos mediante a súa técnica do binomio fantástico.

      Os dalgunha aula que aínda falta engadirémolos máis adiante.


domingo, 1 de novembro de 2020

AS NOSAS CABAZAS NO SAMAÍN

    En resposta á petición dos mouchiños da biblio, moitas familias do centro están a nos achegar as cabazas que fixeron para esta celebración. Este ano non poden lucir no corredor, pero expoñémolas igual no noso corredor virtual. Asomádevos e desfrutade do traballo compartido dende as casas! E os que aínda non mandastes a foto, estade tranquilos. Conforme vaiamos recibindo as vosas cabazas, iremos incorporándoas nesta presentación. Poñédea a pantalla completa para verdes ben tódolos detalles!

    Graciñas a todos e todas.