Amosando publicacións coa etiqueta laboratorio creativo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta laboratorio creativo. Amosar todas as publicacións

sábado, 14 de xuño de 2025

EXPOSICIÓN UNIVERSAL DO PÁRROCO - OS METEOROS


Como ben sabedes, este ano estivemos indagando sobre os meteoros. Todo ese traballo foi presentado na Exposición Universal do Párroco coa que compartimos todo o aprendido con compañeiros, familiares e amigos.

Os meteoros dan para moito! Ciencias, tecnoloxía, literatura, poesía, arte... Cantas cousas podemos descubrir se somos curiosos.


Foi unha xornada moi especial na que descubrimos o feito por outras clases e, a pesar de levar xa un ano experimentando e aprendendo, onte aínda ampliamos algo máis!

Moitas grazas as familias por vir, participar e amosar tanta curiosidade por todo o que tiñamos que contarvos!





mércores, 20 de novembro de 2024

20N - CONMEMORACIÓN DOS DEREITOS DA INFANCIA: XOGOS E LAPBOOKS NA BIBLIO

 

Hoxe, 20 de novembro, é o día no que conmemoramos os dereitos dos nenos e das nenas

Na biblioteca atopamos un xogo para descubrir ou lembrar os nosos dereitos. Gozamos moito do xogo, e tamén aproveitamos para reflexionar sobre o cumprimento dos dereitos,  a importancia de defender a infancia e as diferentes situacións que poden darse segundo o lugar no que nos atopemos. 

Completamos esta actividade coa creacións duns lapbooks coa información que atopamos nunha pequena investigación sobre a orixe dos dereitos do ser humano e, especificamente, dos nenos e nenas.

Como sempre dicimos, aínda que somos pequenos e pequenas, temos os nosos dereitos e unha voz para compartir grandes ideas cos adultos!




 

sábado, 27 de maio de 2023

OS TRES PORQUIÑOS EN TEATRO

 Lois e Beltrán, de 4 anos, improvisaron no teatriño da aula unha versión moi particular do conto Os tres porquiños, un dos seus favoritos durante todo o curso. Coa dramatización e o xogo tamén traballamos o gusto pola lectura.  Non foron os únicos en atreverse. Enseguidiña subiremos outra peza "especial" creada por outros dous cativos da aula.



mércores, 29 de xaneiro de 2020

NOVO EXPERIMENTO. NOA DE TERCEIRO

O interese semella non rematar aínda. Este novo trimestre novos grupos de rapaces e aulas apuntaronse xa para seguir amosando os seus experimentos.
Este pasado venres Noa  de 3º de Primaria explicounos o que acontece cos líquidos. O vídeo non quixo funcionar. Menos mal que a cámara estaba preto de nós e puidemos facer unhas pouquiñas fotos. Pola súa parte Noa cumpriu moi ben a súa tarefa e mesmo axudou ós máis pequenos a entender o que estaba facendo. Usou auga, aceite e glicerina e despois engadiu distintos colorantes para poder ve-la diferencia.






domingo, 3 de novembro de 2019

PRIMEIROS BODEGÓNS

Estas son as primeiras creacións que nos enviastes para a exposición  "O noso Outono". Sodes uns artistas! Noraboa! Pouquiño a pouco iremos ensinándovos as que non vaian chegando. Lembrade que  podedes enviárnolas durante toda a estación.











sábado, 15 de xuño de 2019

UNHA MAQUETA MOI ESPECIAL

Dentro da exposición final de traballos sobre este Proxecto Documental Integrado acompaña ós murais circulares do proxecto, á exposición de traballos antiguos do cole e ós traballos das familias, un elemento moi especial. Trátase dunha maqueta do noso cole que tamén os mouchiños nos mandaron facer para que quedase como lembranza de como era neste 2019 o noso cole. Xa sabemos que é moi distinto do que foi hai algúns anos. Quixemos que eses cambios quedaran reflectidos para sempre. Como somos pequenos, non puidemos facer a maqueta a escala e quedounos un pouquiño a ollo. Claro que é un ollo moi particular, o noso. Plastilina, cartón e pinturas axudaron a compoñer esta simpática imaxe  na que, se vos fixades ben, non falta detalle. Bueno sí, falta o patio de infantil que lle tocou a unhas tartaruguiñas que se toman o seu tempo. Entretivéronse tanto observando que agora non dan feito. A ver se rematan antes da din do curso!












mércores, 1 de maio de 2019

LEMBRANDO...MURAL DE PRESENTACIÓN REMATADO

 Coa colaboración de todos, o noso mural de presentación loce dende hai tempo na entrada do cole.
Acompáñano no exterior o "50" feito con ganchiño por moitas familias e alumnos do cole e o mural conmemorativo oficial do noso 50 aniversario.











mércores, 16 de xaneiro de 2019

SORPRESA NO OBRADOIRO DE GANCHIÑO

O segredo que atesouraban no obradoiro de ganchiño, do que xa vos falamos noutra entrada, empeza a estar ao descuberto. Aí o tedes.!! Estaban a prepararnos un agasallo moi especial. Onte puidemos ver cómo un 5  estaba empezando a medrar no patio de entrada do cole. Convertirase pouquiño a pouco nun impresionante "50" que nos lembrará o aniversario que estamos a celebrar. 
A pesares do entusiasmo co que traballan nenos, nenas e profes nos recreos na biblioteca, a producción de flores non é suficiente. Daquela, os mouchiños, que teñen moitas gañas de colaborar na nosa festa, veñen de enviar unha invitación  a tódalas familias para que se animen a facer unha flor de ganchiño  para encher este orixinal cartel. A carta xa está nas mans das familias. Precisamos a colaboración de todos!! Os que xa non están no cole tamén poden participar e mesmo os que ainda están por vir. O Cole "párroco" é de todos e desexamos que todos vos alegredes connosco de ter chegado ata aquí.


domingo, 16 de decembro de 2018

OBRADOIRO DE GANCHO E RECUNCHO LECTOR

Dentro do noso proxecto Plambe de  "laboratorio creativo de aprendizaxe" vimos desenvolvendo durante este trimestre  un obradoiro de ganchillo nos recreos que tivo un grande éxito. Coa lectura do conto "Ovelliña dame lá"  deu comezo  este obradoiro no que moitos nenos e nenas de diversas aulas foron e van pasando pola biblioteca aprendendo da man da profe Elena e preparándose para ser elas  e eles quen tamén  ensinen aos compañeiros.  Xa son quen de facer moitas cousas e teñen un proxecto secreto que aínda non desvelaremos...co tempo veredes o que se traen entre mans.
Da man deste obradoiro temos montado un novo recuncho lector baixo  o título de "Dándolle ao fío" con lecturas variadas nos que os fíos dun ou doutro xeito son protagonistas.
















domingo, 4 de novembro de 2018

LABORATORIO CREATIVO: PANTASMIÑAS

O laboratorio creativo de aprendizaxes púxose en marcha nestas datas tan medoñentas para ambientar a biblioteca cunhas pantasmas que despois formarán parte do decorado do túnel do medo co que coñeceremos á bruxa Brunilda. Profes e alumnos voluntarios xuntáronse na biblio para aprender e axudar a facer estas pequenas pantasmiñas.