Hoxe, 20 de novembro, é o día no que conmemoramos os dereitos dos nenos e das nenas.
Na biblioteca atopamos un xogo para descubrir ou lembrar os nosos dereitos. Gozamos moito do xogo, e tamén aproveitamos para reflexionar sobre o cumprimento dos dereitos, a importancia de defender a infancia e as diferentes situacións que poden darse segundo o lugar no que nos atopemos.
Completamos esta actividade coa creacións duns lab books coa información que atopamos nunha pequena investigación sobre a orixe dos dereitos do ser humano e, especificamente, dos nenos e nenas.
Como sempre dicimos, aínda que somos pequenos e pequenas, temos os nosos dereitos e unha voz para compartir grandes ideas cos adultos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario