sábado, 15 de xuño de 2019

50 ANOS DA EIRUGUIÑA

Este curso poñémonos sempre moi ledos cando podemos celebrar outros aniversarios canda o noso. Feliz descoberta foi saber que a eiruguiña máis comechona de tódalas eiruguiñas cumple tamén 50 anos. 50 dende que o seu autor Eric Carle puxéraa a comechar de froita en froita.
A biblioteca non quixo perder esta celebración e preparou un expositor especial para este conto, coincidindo tamén coa semana de froita nas nosas aulas. Coma sempre que queremos afondar nunha lectura temos publicado unha serie de recursos, variados, algúns deles inclusivos,  para tódalas aulas que se queiran achegar a el.
Os pequenos xa o fixeron. Eles están moi afeitos  a observar o comecome continuo das nosas eirugas da seda, así que foi unha festa acompañar a esta eiruguiña de conto. Ao tempo que comían as variadas froitas que nos ofreceu o programa, atrevéronse primeiro a ler e, despois,  a escoitar a lectura deste nutritivo libro. Ademáis practicaron no super  dun fruteiro moi especial (O señor Can) a compra de froitas. Que mellor que levar a literatura á vida diaria.











Ningún comentario:

Publicar un comentario