A carta é un texto moi importante na comunicación que non debemos perder neste tempo de whatsapps e correos electrónicos. Cada comunicación ten o seu sentido e non temos por qué renunciar a ningunha. Tampouco perder a oportunidade de traballar a linguaxe, mellorando a nosa gramatica e vocabulario e xa de paso coñecer todo o mundo que xira en torno a ela...sobres, selos, carteiros, caixas de correo, cartas especiais,...
O recuncho adicado ás cartas quere achegarnos ata esa literatura epistolar que podemos considerar un universo poético particular en moitos casos, e que polo mesmo tamén se adentra no outro camiño polo que está a discurrir á nosa vida lectora neste curso, a vida das "Poéticas diversas", lema deste ano nas BE. Arte, literatura,...literatura entendida como arte de comunicar cun código propio. Como é lóxico non están todos os que son, só unha pequena mostra, abrindo camiño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario