No século XVI, o mesmiño ca hoxe, había homes (e tamén mulleres, aínda que menos visibles) que soñaban con grandes fazañas e aproveitaban que moitos reis e gobernantes tiñan intereses económicos e persoais poderosos, para poder levar adiante os seus soños. Magallanes foi un destes homes que soubo buscar un rei a quen venderlle ben o seu propósito. As especias foron o motor que permitiu pór en marcha esta viaxe e, como imos descubrir nos vindeiros meses, ó rei español non lle saiu nada mal a súa aposta.
De volta ao cole...
as especias da Volta ao Mundo foron protagonistas xa neste nadal na aula de 6º A onde uns bós cociñeiros acompañados dunha estupenda chef prepararon (e fixeron moito traballo matemático e lingüístico) unhas riquísimas galletas de cristal de nadal feitas con estes ingredientes tan "especiais".
Mestura de canela, xenxibre, cardamomo,cravo, anís, noz moscada e pementa negra |
Nas pestanas de arriba estamos pondo xa información que nós imos precisar neste vindeiro trimestre e que vós podedes tamén ler entre mazapán e mazapán.
Así que non nos perdades de vista porque neste trimestre imos falar (e cociñar) moito deste tema.
Podedes ver as fotos da actividade neste vencello
ACTIVIDADE GALLETAS DE NADAL
Ningún comentario:
Publicar un comentario