Amosando publicacións coa etiqueta recursos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta recursos b>. Amosar todas as publicacións
venres, 29 de maio de 2020
O ANDEL DO METEOARTE
Completando unha das exposicións que tiñamos nos andeis da biblio presentámosvos esta expo virtual arredor da pintura das "estacións".
mércores, 27 de maio de 2020
ADIVIÑA A PALABRA
As palabras foron algo moi importante no traballo de Ricardo Carballo Calero. Imos aprender algunhas delas
domingo, 17 de maio de 2020
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!
Para que este día non nos pase desapercibido deixamos aquí unha escolma de recursos rescatados da rede. Moitos xa os tiñamos publicados no blog Fonte dos Frades, pero agora témolos mellor organizados.
E lembrade....o Día das letras galegas tamén é tódolos días!
E lembrade....o Día das letras galegas tamén é tódolos días!
domingo, 23 de febreiro de 2014
RECURSOS PARA O ENTROIDO
Para facer boca neste entroido que xa está as portas deixamos AQUI recursos variados recopilados polos compañeiros do Recanto de Mik e AQUI pola coordinadora galega de ENDL
Este luns comeza a Semana da Troula cos mandados que xa todos temos nas nosas casas. Nada mais chegar ó cole coñeceremos o Meco deste ano, o maior inimigo dos cultivos ecolóxicos e continuaremos a traballar nos nosos disfraces.
Veña a desfrutar do Entroido e... non esquezamos ler e pescudar sobre esta importante celebración galega.

luns, 9 de decembro de 2013
RECURSOS PARA TRABALLAR O NADAL NAS NOSAS AULAS
Un ano mais a coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística déixanos unha escolma de recursos diferentes para traballar o nadal en galego.
Védelos aqui
Tamén recollemos as suxerencias dos nosos compañeiros do Ceip Mestres Goldar. Unha vez mais grazas polos vosos esforzos.
https://sites.google.com/site/nadalrecursos/
Védelos aqui
Tamén recollemos as suxerencias dos nosos compañeiros do Ceip Mestres Goldar. Unha vez mais grazas polos vosos esforzos.
https://sites.google.com/site/nadalrecursos/
domingo, 27 de outubro de 2013
RECURSOS SAMAÍN,OUTONO E MAGOSTO
Como estamos de cheo traballando no Samaín, no Outono e no Magosto lémbrovos que na pestaña de RECURSOS PARA CELEBRACIÓNS hai unha pequena listaxe de recursos.
Hainos para tódolos gustos e necesidades.
Graciñas coma sempre a tódalas compañeiras e compañeiros de outros coles que se esforzan en facer estas compilacións.
RECURSOS PARA CELEBRACIÓNS
Hainos para tódolos gustos e necesidades.
Graciñas coma sempre a tódalas compañeiras e compañeiros de outros coles que se esforzan en facer estas compilacións.
RECURSOS PARA CELEBRACIÓNS
xoves, 24 de outubro de 2013
RECURSOS PARA DESENVOLVER A EXPRESION ORAL EN GALEGO
Enlazamos este interesante recurso para traballar o vocabulario básico en infantil en galego
APRENDENDO GALEGO DENDE BEBES
APRENDENDO GALEGO DENDE BEBES
DICIONARIO DE PRONUNCIA DA LINGUA GALEGA
Vimos de engadir un novo recurso interesante na banda da esquerda para as nosas clases "de" e "en" galego. Trátase do Dicionario de pronuncia da lingua galega nunha nova versión ampliada e mellorada que ofrece en liña o léxico galego contido no dicionario da RAG
achegando as transcricións fonéticas e locucións correspondentes a
unhas 68000 formas gravadas. Amais de incorporar as voces máis recentes
do dicionario da RAG, o “Dicionario de pronuncia da lingua galega”
recolle xa os 1000 nomes propios de persoa máis frecuentes, 1500
apelidos galegos e os nomes de todas as comarcas, concellos e parroquias
de Galicia, así como varios centos de nomes de ríos, montes e
accidentes costeiros. A aplicación informática permite realizar
as buscas por formas fonéticas ou por cadeas de sons.
http://ilg.usc.es/pronuncia.
http://ilg.usc.es/pronuncia.
sábado, 12 de outubro de 2013
NAVEGANDO
Navegando navegando na procura de cousiñas interesantes para o noso traballo diario atopamos un novo portal de léxico en galego O PORTAL DAS PALABRAS que vimos de engadir na banda esquerda nos "recursos interesantes".
É unha iniciativa da Rag e da fundación Barrié que quere achegarnos un pouco mais á nosa lingua. Disfrutádeo.
PORTAL DAS PALABRAS
E para ir facendo boca co Samaín que se nos bota enriba imos ir consultando recursos para estas datas, algúns xa clásicos. Grazas unha vez mais a tódolos compañeiros e compañeiras que fan estas escolmas tan útis.
RECURSOS PARA SAMAÍN

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)