Achegábase o Día da Paz cando os nosos
mouchiños da biblio puxéronnos unhas pequenas “tarefas” que nos servisen para celebrar o Día da Paz. Tiñamos
que reflexionar sobre a súa relación co clima e decidir que íamos facer nós dende as aulas para mudar as condicións
de vida no mundo.
As "caixas do planeta", que formaron parte da árbore sostible de Nadal, apareceron de volta nas aulas cunha carta na que os nosos amigos animábannos a seguir investigando e a elaborar unhas propostas concretas
que habiamos de avaliar dentro dun tempo. Non é cousa só de decir o que imos facer; senón de actuar xa.
Un expositor na entrada, o exemplo de persoas
que pasaron á acción (como Greta Thumberg, Wangari Mathai e outros moitos), o libro recomendado do mes, un expositor sobre os océanos e os bosques e moitos
recursos aloxados neste blog ían guiarnos neste camiño de pensamento e acción no que todos
tiñamos que implicarnos. Prensa, divulgación e lecturas xuntaron as súas forzas literarias para presentarnos un abano de problemas e solucións. Traballar a axenda 2030 é o noso xeito de afondar no lema das bibliotecas escolares neste curso.
Por fin despois de dúas semanas de traballo, o
Día da Paz fomos quen de pasar pola entrada a colocar nunhas arbores especiais
os nosos propósitos. Nalgúns casos foron tantos que tiveron que
quedar na aula. Non pasa nada o importante é que van ser os gromos dun cambio de mentalidade
respecto da nosa vida no planeta. Queremos un planeta limpio e para todos e
sabemos que acadalo é posible.
Esa semente de boas intencións ten que chegar a ser unha árbore ben grande!! :-)
ResponderEliminar