Amosando publicacións coa etiqueta di da paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta di da paz. Amosar todas as publicacións

venres, 31 de xaneiro de 2020

DIA DA PAZ. LECTURAS POLO CLIMA


Achegábase o Día da Paz cando os nosos mouchiños da biblio puxéronnos unhas pequenas “tarefas” que nos servisen para celebrar o Día da Paz. Tiñamos que reflexionar sobre a súa relación co clima e decidir que íamos facer nós dende as aulas para mudar as condicións de vida no mundo.
As "caixas do planeta", que formaron parte da árbore sostible de Nadal, apareceron de volta nas aulas cunha carta  na que os nosos amigos animábannos a seguir investigando e a elaborar unhas propostas concretas que habiamos de avaliar dentro dun tempo. Non é cousa só de decir o que imos  facer; senón de actuar xa.




Un expositor na entrada, o exemplo de persoas que pasaron á acción (como Greta Thumberg, Wangari Mathai  e outros  moitos), o libro recomendado do mes, un expositor sobre os océanos e os bosques e moitos recursos aloxados neste blog ían guiarnos neste camiño de pensamento e acción no que todos tiñamos que implicarnos. Prensa, divulgación e lecturas xuntaron as súas forzas literarias para presentarnos un abano de problemas e solucións. Traballar a axenda 2030 é o noso xeito de afondar no lema das bibliotecas escolares neste curso.









Por fin despois de dúas semanas de traballo, o Día da Paz fomos quen de pasar pola entrada a colocar nunhas arbores especiais os nosos propósitos. Nalgúns casos foron tantos que tiveron que quedar na aula. Non pasa nada o importante é que van ser os gromos dun cambio de mentalidade respecto da nosa vida no planeta. Queremos un planeta limpio e para todos e sabemos que acadalo é posible.





















domingo, 3 de marzo de 2019

DIA DA PAZ: ELMER E AS LINGUAS

Quedounos atrás  esta entrada sobre o traballo do Día da Paz. Non pensedes que non fixemos nada para celebrar o día, pero é que non sempre se pode chegar a tempo nesta bitácora. Aquí deixamos o relato do que foron aquelas xornadas nas aulas.

Tódalas aulas traballamos xuntos na diversidade das persoas e, en especial, nas linguas; aproveitando que este ano celébrase o Ano Internacional das Linguas indíxenas.
O conto Elmer, traballado en papel ou en versión dixital, serviu de base para a reflexión da que tiramos unha morea de palabras que falaban da paz, da diversidade e da oportunidade de convivir e respeitar as diferencias. Con todas elas elaboramos unha listaxe común que foi a que traducimos a 10 linguas diferentes. Estas palabras e a decoración personalizada que creamos en cada aula compuxeron un mural con 10 Elmers diferentes e todos igualmente fermosos.
Todos  diferentes, todos iguais, foi o noso lema para este ano.