Este conto que forma parte das novidades adquiridas en relación ao PDI foi adaptado e representado polos alumnos de 4º de Primaria para os seus compañeiros de infantil. Cunha posta de escena orixinal o nutrido grupo de nenos e nenas fóronse movendo no "escenario" da biblio e contando a súa historia dun xeito especial. Mágoa que os efectos especiais non sairan ben nas fotos, pero noraboa a todos polo seu traballo.
Amosando publicacións coa etiqueta PDIgalicia de faro a faro b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDIgalicia de faro a faro b>. Amosar todas as publicacións
luns, 13 de xuño de 2016
martes, 7 de xuño de 2016
XUNIÑO INVÍTANOS A XOGAR
Xuniño, a nosa mascota da biblioteca do mes de Xuño, sabe que as nosas cabeciñas xa non dan para moito máis, pero aínda así atreveuse a invitarnos a xogar pensando, a facer as nosas derradeiras pescudas neste curso á conta dos nosos murais dos faros e do Día da árbore que polas circunstancias do curso e do traballo que tiñamos en marcha decidiramos pospoñer a este mes.
Daquela estas son as propostas que chegaron as aulas. Imos ver que dan de sí!
Para nos axudar co xogo das árbores deixounos uns recursos nas pestanas de arriba. As fotos das árbores que hai que procurar no patio téñenas as profes. Seica haberá que llas pedir.
Esta é a foto que nos deixou no seu faro da entrada para que practiquemos un pouquiño de imaxinación e creación literaria
Estas son as preguntas que nos deixou na biblioteca para que nos animemos a ler ben os murais dos compañeiros. Poñémolas aquí por se alguen quere xogar con nós. Claro que o mellor tedes que vir ao cole a consultar toda a información.

domingo, 5 de xuño de 2016
LIBRO VIAXEIRO DAS RECOMENDACIÓNS. CORREO LECTOR E ITINERARIO LECTOR
Como estamos xa na recta final do curso imos pechando actividades que levan tempo desenvolvéndose. O libro viaxeiro das recomendacións lectoras "O Correo Lector" é unha delas. Rematou a súa andaina polos cursos de Primaria e está agora en infantil, agardando a que algún cativo decida apuntar nel unha das súas lecturas preferidas.
O caderno vai acompañado do conto "Coas mans baleiras", recomendado polos mouchiños.
O caderno vai acompañado do conto "Coas mans baleiras", recomendado polos mouchiños.
domingo, 29 de maio de 2016
MURAIS DO TERCEIRO TRIMESTRE
Xa hai dúas semanas que
rematamos o traballo para Metalmoucho, pero con tantos acontecementos
non puidemos amosárvolo.. Os murais xa nos contan todo o que hai que
saber dende as escaleiras que suben ao segundo andar. Tódalas incógnitas
xa se despexaron...., pero se non podedes velo en directo, agardade un chisquiño que ainda estamos a preparar a información para subila aos blogues Algunhas cousas xa as podedes ver no blogue do Proxecto (na banda esquerda) aínda que non está todo o que vos queremos amosar. Xa vos demos tamén un adianto no Xornal Don Moucho, adicado de
xeito monográfico ao noso PDI.
ITINERARIOS LECTORES. "A MARES".

Rematou a sua andaina polos cursos de Primaria o libro colaborativo viaxeiro "a mares". Recala agora nos portos de infantil. Seguro que a tódolos cativos encántalle o traballo dos seus compañeiros. Seremos quen a superalos?
luns, 16 de maio de 2016
UN "MAIO" DE FARO
Impresionante o maio que prepararon os pais da ANPA para a festa dos maios, mágoa que o tempo non acompañou, pero a nós lúcenos moito estoutro faro diferente.
sábado, 14 de maio de 2016
LETRUCHA. DIA DA POESÍA E MANUEL MARÍA
Hai tempo, alá no mes de marzo, cando tocaba celebrar o Día da Poesía, a nosa mascota letrucha estaba moi preocupada. O día cadraba coas vacacións de Semana Santa e os nenos non ían ter tempo de desfrutar facendo e lendo poesías.
Daquela ocorrríuselle unha idea xenial. Por que non xuntar a celebración dese día co de Manuel María, poeta de recoñecido prestixio a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas?. Ademáis -pensou- se o celebramos no mes de Maio será un gusto sair o patio e enchelo de poemas variados... os nosos, os de Manuel, os de outros poetas.
Dito e feito preparou unha invitación para tódalas aulas e deixou que todos traballasemos e compuxesemos os nosos versos.
Cando chegou a hora da verdade, atopámonos que o sol prometido non apareceu e para que non se mollaran tódalas cousiñas que fixeramos decidimos invadir o cole cos nosos traballos.
Ao final algúns dos mais pequenos atrevéronse co traballo de rimar, pero case todos decicimos desfrutar das fermosas poesías do autor galego homenaxeado, quen nos ofreceu unha ollada distinta da Galicia coa que levamos traballando todo o curso no noso proxecto documental. Agora podedes desfrutar coas fotos da invasión de poemas. Hainos de tódolos tamaños e formas e podedes ollalos nos recunchos mais inesperados.

martes, 26 de abril de 2016
SEMANA DA PRENSA 2ºA
Despois de baixar a ver a exposición sobre a prensa que estaba no vestíbulo do colexio e logo de elexir algunhas noticias, os nenos de 2º A fixeron uns traballiños en grupos sobre distintas noticias relacionadas co faro de Cabo Vilán. Aqui tendes as fotos do que foi o traballiño na aula e da exposición dos mesmos aos compañeiros.
venres, 22 de abril de 2016
AS AULAS CONTAN: O RATO E OS VENTOS
Dentro das actividades do mes dos libros os nenos de infantil tiveron a sorte de desfrutar dun contacontos moi especial. Os nenos e nenas de 2ºA prepararon un precioso conto en Kamishibai. Tratábase dun dos sete contos de Arnold Lobel do seu libro "Contos de ratiños" editado por Kalandraka. Eles adaptaron o conto, debuxaron as escenas, organizaron o seu desenvolvemento e non esqueceron contalo con moita soltura e preparar elementos motivadores para enganchar a un público tan dificil, pero sempre disposto a deixarse sorprender. En dúas sesións diferentes atrevéronse primeiro cos pequenos de 3 e 4 anos e despois cos de 5 anos. E as dúas veces fixérono moi ben. Ademáis agasalláronnos cuns preciosos barquiños de papel que tiñan ben agachadiños dentro dunha misteriosa rede. O tema do conto xa volo imaxinades...o mar. É que este curso estamos moi mariñeiros.
Como remate de ouro da sesión Inés e André atrevéronse cun conto inventado e preparado con papiroflexia. A todos encantoulle.
Como remate de ouro da sesión Inés e André atrevéronse cun conto inventado e preparado con papiroflexia. A todos encantoulle.
xoves, 21 de abril de 2016
ÉRICA ESMORÍS VISITA A 5º E 6º DE PRIMARIA
O xoves 14 de abril, os alumnos de 5º e 6º de primaria recibiron a visita da autora Érica Esmorís, gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015, co seu libro "Nena e o mar".
Ao longo de hora e media, fixo un percorrido da súa vida como escritora. Contoulles a súa paixón polos animais, o mar e a creación literaria. Como é o seu proceso escritor desde que comenza un libro, ata que o finaliza.
Este libro foi adicado ao seu "neno-serea", un gato precioso chamado Pepe. Escoitaron tamén a banda sonora que compuxo o seu mozo para "Nena e o mar".
Despois de adicarlles o libro, invitáronna a ver unha pequena exposición de maquetas e debuxos que xurdiron despois da lectura.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)