Comezamos a andaina da biblioteca non só con moitas gañas e actividades para organizar senón renovando tamén un pouquiño a súa faciana...un pouquiño de limpeza de cousiñas que xa estaban un pouco vellas, uns expositores novos, unha distribución diferente e un colorido recuncho de lectura para os máis cativos. Son as primeiras novidades, pero agardamos que sexan pouquiño a pouco moitas máis.
mércores, 30 de outubro de 2019
xoves, 24 de outubro de 2019
24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBIOTECAS ESCOLARES
Celebrámos hoxe oficialmente a festa das bibliotecas. A nosa, coma moitas outras, abriu as súas portas hai tempo facilitando lecturas e feitos lectores diversos. Camiñamos nesta primeira parte do curso ainda a modiño porque a organización das actividades previstas vai tamén de vagariño. Queremos facelo todo a un tempo; traballamos todos arreo, pero as horas non dan para máis. Ainda así, os préstamos de fondos xa están en marcha na biblio e nas aulas, o PDI iniciou tamén a súa andaina, os xoves de lectura botaron a andar e os recreos de lecer na biblio enchen dende principio de mes o tempo de moitos nenos e nenas.
Esta semana estamos metidos de cheo cos "obradoiros compartidos", xa tradicionais no noso centro. Cunha novidade, un xogo de enigmas que nos dá acceso ás tarefas de pescuda pedidas polos mouchiños e tamén a un pequeno agasallo lector para as aulas.
Ler xuntos e xogar xuntos, compartindo e colaborando na resolución de problemas e na execución dos mandados. Habilidades sociais, organización das respostas e toma de decisións... tamén é esta unha pequena contribución ó "viveiro de cidadanía" que vai ocupar este curso moito do noso tempo na escola.

domingo, 20 de outubro de 2019
INFORMACIÓN SOBRE OS BODEGÓNS
O prometido velaí vai. Deixamos información para as familias sobre que é un bodegón na arte. No Museo do Prado, que este ano celebra o seu bicentenario, temos boas mostras deles. O mundo da arte, ao que estamos a viaxar tamén no noso proxecto, tamén ofrece moitos bos exemplos. O que os mouchiños pídenvos é algo máis de andar por casa, froito sobre todo dun argallar compartido en familia.

WIKIPEDIA
QUE É UN BODEGÓN
OS MELLORES BODEGÓNS
HISTORIA DEL BODEGÓN
1ª CARTA DOS MOUCHIÑOS ÁS FAMILIAS
Un ano máis ao comezo dun proxecto que nos vai ter entretidos durante todo o curso, os mouchiños da biblio piden a axuda das familias para ir compondo entre todos un complexo puzzle de aprendizaxe do que de certo imos sacar moi boas experiencias. Desta volta é o planeta enteiro o que nos interesa e coma din eles...que mellor que comezar polo principio, o que temos a caron da nosa casa.
xoves, 17 de outubro de 2019
NOVAS ÁRBORES NA ESCOLA
Neste curso 19-20 no que imos dar varias voltas ao mundo e, de paso, ás nosas cabezas, imos comezar polo que temos máis preto, tal como xa vos explicamos a todos e todas na nosa carta de presentación.
O noso fermoso patio foi o primeiro lugar no que empezamos a traballar. E que mellor que despois da lectura do conto "A árbore da escola" que poidamos engadir dúas árbores máis á nosa longa listaxe.
Un freixo e un bidueiro son as dúas novas amigas que temos no patio grande de herba a carón doutras compañeiras que xa comezan a vestirse de outono. Os nenos de infantil e Primaria asistiron á plantación acompañando a un avó e unha neta moi de noso que nos representaban a todos; a tódolos que formamos parte da vida de Santo André e a todos os que sufrimos os terribles lumes do 2017. Neste esforzo conxunto de facer do noso planeta un lugar mellor, aqui van dous novos graniños cos que a Comunidade de Montes de Santo André quixo facernos parte desta viaxe de recuperación da nosa paisaxe. As nosas arboriñas xa medran canda nós e a nós tócanos agora coidalas e agarimalas.

domingo, 13 de outubro de 2019
COMEZAMOS. PRIMEIRA RECOMENDACIÓN
"A ÁRBORE DA ESCOLA"

Co gallo da primeira actividade colaborativa deste curso (será o vindeiro martes) traemos aquí este marabilloso conto que como nos din no seguinte enlace quere crear conciencias e espertar o traballo común, un dos obxectivos máis importantes que pretendemos na andaina arredor do mundo que 500 anos despois imos levar adiante este curso no noso cole. Irémosvos informando.
https://brabadegos.blogspot.com/2016/09/a-arbore-da-escola-semente-que-xermola_26.html

martes, 2 de xullo de 2019
PERCORRIDO POLO NOSO PDI
Aínda que lle faltan un par de cousiñas, que ainda non tivemos tempo de preparar, xa hai moito que ver no noso blog adicado íntegramente ao PDI do 50 aniversario do cole. (tédelo na imaxe superior da columna esquerda). Con isto e coa lectura do noso xornal monográfico ides ter unha idea moi clariña de todo o que fomos facendo durante este curso "xa pasado" para celebrar esta efeméride tan importante.
Con isto rematamos o traballo.
Feliz verán e boas lecturas. Deica logiño!
Con isto rematamos o traballo.
Feliz verán e boas lecturas. Deica logiño!
sábado, 22 de xuño de 2019
IMPRESIONANTE PUNTO FINAL
Chegamos moi ledos ao o derradeiro día na escola por este curso, matinando nas actividades festivas que nos agardaban. Ademáis diso todo, que o houbo, atopámonos unha maravillosa (e moi segreda) sorpresa. Non sabiamos, cando nos chamaron á biblioteca, que iamos atopar alí a algúns dos nosos compañeiros agardando por nós para facernos un agasallo moi especial. Compartir con todos o ben que tocan un instrumento. Explicáronnos como se chamaban e como eran estes instrumentos e tocaron para nós unhas melodías estupendas. "E a cada un de nós sóubolle..." coma nese conto tamén tan especial que aí atrás tivemos a oportunidade de desfrutar xuntos.
As fotos corresponden só o primeiro pase. Os cursos de 3º ata 6º tamén tiveron a súa sorpresa especial.
Hoxe un novo desfrute compartido e foron moitos este curso. Grazas a todos e todas.
As fotos corresponden só o primeiro pase. Os cursos de 3º ata 6º tamén tiveron a súa sorpresa especial.
Hoxe un novo desfrute compartido e foron moitos este curso. Grazas a todos e todas.
venres, 21 de xuño de 2019
VISITAS DE AUTORES
Aínda que xa demos conta no outro blog das visitas de autores ao centro no momento no que se produciron, non queremos despedir o curso sen contarvos cantos e que interesantes libros se leron nas aulas co gallo destas visitas.Ler sempre é interesante, pero máis se temos a oportunidade de coñecer as persoas que imaxinaron esas historias e foron quen de darlles unha forma literaria que acaba atrapándonos.
IAGO LÓPEZ (un dos escritores protagonistas no noso proxecto "escritores de noso", ANTÓN CORTIZAS, ÁNXELA LOUREIRO E CARLOS TABOADA presentaron os seus libros:

Deixamos aquí os enlaces ás entradas nas que falamos deles e as fotos da visita de Iago.
VISITA CARLOS TABOADA
VISITA ÁNXELA LOUREIRO
VISITA IAGO LÓPEZ

xoves, 20 de xuño de 2019
NOVO XORNAL DON MOUCHO
Saíu do prelo unha nova edición do noso Xornal. Premede no vencello se queredes ver o noso traballo. Tamén o tedes na pestana lateral.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)