Amosando publicacións coa etiqueta música. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta música. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de xuño de 2022

GOZANDO COA MÚSICA

 No día de onte, fomos todo infantil, 1.º e 2.º de primaria, en varias quendas, á biblioteca para desfrutar cunha actividade de música. O profe Daniel González Troncoso achegouse ó noso cole para presentarnos, co axuda do conto Las clases de tuba, como xoga coas notas este instrumento. Encantounos esta experiencia; da súa man non perdemos detalle, e en canto nos invitaron, non paramos de bailar! Grazas, profe!

INFANTIL



1º PRIMARIA










2º PRIMARIA











sábado, 22 de xuño de 2019

IMPRESIONANTE PUNTO FINAL

Chegamos moi ledos ao o derradeiro día na escola por este curso, matinando nas actividades festivas que nos agardaban. Ademáis diso todo, que o houbo, atopámonos unha maravillosa (e moi segreda) sorpresa. Non sabiamos, cando nos chamaron á biblioteca, que iamos atopar alí a algúns dos nosos compañeiros agardando por nós para facernos un agasallo  moi especial. Compartir con todos o ben que tocan un instrumento. Explicáronnos como se chamaban e como eran estes instrumentos e tocaron para nós unhas melodías estupendas. "E a cada un de nós sóubolle..." coma nese conto tamén tan especial que aí atrás tivemos a oportunidade de desfrutar  xuntos.
As fotos corresponden só o primeiro pase. Os cursos de 3º ata 6º tamén tiveron a súa sorpresa especial.

Hoxe un novo desfrute compartido e foron moitos este curso. Grazas a todos e todas.

domingo, 23 de decembro de 2018

MÚSICA NA FIN DO TRIMESTRE

Para rematar as actividades do trimestre todo o cole desfrutou da actuación da Banda de Beade. 3 menbros da mesma viñeron ao cole a ensinarnos algúns dos seus instrumentos, a facer xogos musicais connosco e a tocar algunhas pezas musicais que moitos fomos quen de recoñecer. En dúas quendas pequenos e maiores pasamos todos un tempiño moi agradable entrenando o noso oido musical.

Deixámosvos fotos do primeiro pase, o dos pequenos de infantil, primeiro e segundo.