xoves, 17 de outubro de 2019

NOVAS ÁRBORES NA ESCOLA

Neste curso 19-20 no que imos dar varias voltas ao mundo e, de paso, ás nosas cabezas, imos comezar polo que temos máis preto, tal como xa vos explicamos a todos e todas na nosa carta de presentación. 
O noso fermoso patio foi o primeiro lugar no que empezamos a traballar. E que mellor que despois da lectura do conto "A árbore da escola" que poidamos engadir dúas árbores máis á nosa longa listaxe.
Un freixo e un bidueiro son as dúas novas amigas que temos no patio grande de herba a carón doutras compañeiras que xa comezan a vestirse de outono. Os nenos de infantil e Primaria asistiron á plantación acompañando a un avó e unha neta moi de noso que nos representaban a todos; a tódolos que formamos parte da vida de Santo André e a todos os que sufrimos os terribles lumes do 2017. Neste esforzo conxunto de facer do noso planeta  un lugar mellor, aqui van dous novos graniños cos que a Comunidade de Montes de Santo André quixo facernos parte desta viaxe de recuperación da nosa paisaxe. As nosas arboriñas xa medran canda nós e a nós tócanos agora coidalas e agarimalas.
















Ningún comentario:

Publicar un comentario