xoves, 24 de outubro de 2019

24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBIOTECAS ESCOLARES

Celebrámos hoxe oficialmente a festa das bibliotecas. A nosa, coma moitas outras, abriu as súas portas hai tempo facilitando  lecturas  e feitos lectores diversos. Camiñamos nesta primeira parte do curso ainda a modiño porque a organización das actividades previstas  vai tamén de vagariño. Queremos facelo todo a un tempo;  traballamos todos arreo, pero as horas non dan para máis. Ainda así, os préstamos de fondos xa están en marcha na biblio e nas aulas, o PDI iniciou tamén a súa andaina, os xoves de lectura botaron a andar e os recreos de lecer na biblio enchen dende principio de mes o tempo de moitos nenos e nenas. 
Esta semana  estamos metidos de cheo cos "obradoiros compartidos", xa tradicionais no noso centro. Cunha novidade, un xogo de enigmas que nos dá acceso ás tarefas de pescuda pedidas polos mouchiños e tamén a un pequeno agasallo lector para as aulas.
Ler xuntos e xogar xuntos, compartindo e colaborando na resolución de problemas e na execución dos mandados. Habilidades sociais, organización das respostas e toma de decisións... tamén é esta unha pequena contribución ó "viveiro de cidadanía" que vai ocupar este curso moito do noso tempo na escola.













1 comentario:

  1. Canto entusiasmo reflexan as cariñas d@s nos@s cativ@s! Bravo pola actividade e grazas por tantas horas adicadas pola vosa parte, que ás veces os pais/nais non nos paramos a pensar no esforzo das profes por sacar tantas inciativas adiante simultanemente...

    ResponderEliminar