Na Semana da Prensa, o pasado mes de marzo, o noso cole encheuse de distintas
novas de xornal coas que tivemos a oportunidade de coñecer a realidade dende outro
punto de vista e coa linguaxe da prensa.
As distintas caixas, que se situaron na mesa da entrada, daban pé a ollar as cousas traballadas sobre Vigo con outros ollos. A historia da cidade, a hemeroteca do Faro de Vigo - coa súa escolla de acontecementos singulares -, Xulio verne e as súas trécolas, Martin códax, o pergameo Vindel, as mulleres e homes de Vigo que destacan en distintas áreas, a ciencia na nosa cidade,... enchían esas caixas acompañadas doutras novas máis curiosas.
Entre todas había unha caixa especial adicada ós mais pequenos do cole, aqueles que ainda non se manexan ben na lectura...as Nanonovas. De seguro que eles fóronlle sacando todo o partido ás imaxes escollidas.

O traballo segue aí, o mesmo que as caixas cos retallos de xornais para que poidamos seguir afondando neles. A sección de historia vai seguer medrando ata fin de curso para que poidamos tamén seguir a desfrutar desas lecturas e aprendendo cousiñas da nosa historia.
Dúas caixas especiais adicaronse a recolleita polos nenos de novas de astronomía e viaxes, xogando cos temas que interesaron á Verne nalgúns dos seus libros. Non imos lembrar agora os seus coñecidos títulos. Está ainda por ver as suxerencias de traballo con estes temas que os mouchiños nos teñen preparadas para o mes de abril.
Para todos unha nova oportunidade para traballar nas aulas arredor dos libros e de Vigo.
Qué completa a colección de prensa!! Que sorpresas nos traerán os mouchiños neste terceiro trimestre... Medo me dan! ;-)
ResponderEliminar