Estas foron as propostas que se fixeron as aulas:
-Procurar
novas da prensa sobre o acontecemento do 8 de marzo e reflexionar nas aulas sobre o seu por qué e a súa
trascendencia.
- Elaborar carteis
ou presentacións dixitais coas novas recollidas e aspectos delas que lles
chamasen a atención. Outra posibilidades é
elaborar cos nenos unha listaxe
cos aspectos principais da situación social actual e o que se quere conseguir.
Tamén podedes facer un cartel cunha destas reinvidicacións e posibles solucións
comentadas nun texto xornalístico elaborado polos nenos.
-A
educación da muller nos últimos 50 anos.
Podedes consultar textos de prensa dixital que están na pestana do blogue e
elaborar unha liña de tempo cos
cambios que se foron producindo.
- Novas
diversas sobre mulleres: Recollida de novas de prensa sobre mulleres
diversas e colocación das mesmas ou de traballiños sobre elas nas portas das
aulas ou nas paredes próximas.
A biblioteca acolleu un recuncho especial de prensa e un expositor sobre igualdade e visibilidade das mulleres para servir de base a o traballo das aulas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario