Vigueses distinguidos foi a nova estrela deste curso coa que traballamos nas aulas e na que todos somos protagonistas. Coido que algún curso xa está planeando contarnos o que nos sucedeu no vindeiro xornal Don Moucho, ao que xa non lle falta moito para sair do prelo. Este xornal no que se traballa durante o terceiro trimestre é a mostra do noso interese de sermos xornalistas e contarvosao noso xeito as nosas cousas.
A prensa tamén estivo presente nas tarefas programadas para a celebración da figura de Rosalía e do Día da Muller. Algunhas aulas redactaron novas referidas a estes acontecementos e abondaron na liña de investigación proposta sobre a poesía social de Rosalía, que despois tamén formou parte da solta de poesía feita no mes de marzo.
Por último os de infantil usaron a prensa como material plástico e colaboraron todos na feitura dun "busto" de Rosalía que xa forma parte da decoración da nosa biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario