Amosando publicacións coa etiqueta lumiidea. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lumiidea. Amosar todas as publicacións

xoves, 14 de maio de 2015

LETRUCHA REINA NO MES DE MAIO

Letrucha reina xa no mes de maio e todos agardamos cal vai ser unha das últimas lumiideas do curso!



.

luns, 27 de abril de 2015

METALMOUCHO E XUNIÑO E AS SÚAS LUMIIDEAS

Metalmoucho e Xuniño  xuntáronse no mes dos libros para informar ós pais e nais do cole das súas lumiideas. No Ano Internacional da Luz e co noso proxecto documental en marcha precisamos da axuda de todos para aprender todo o que poidamos. Mirade á carta que chegou ás nosas aulas e xa sabedes... animádevos a participar en tódalas iniciativas propostas polos mouchiños!.



mércores, 25 de marzo de 2015

OS POEMAS E VERSOS DE LUZ PARA COLORÍN NO DÍA DA POESÍA E MAIS DA ÁRBORE EN 1ºA

Os nenos e nenas de primeiro disfrutamos moito facéndolle os poemas ao noso mouchiño Colorín para celebrar o día da poesía e da árbore. Como a temática deste curso era a luz os nosos poemas estiveron ben cargadiños de luces, sombras, reflexos e moita cor nos seus versos. Velaí tendes as fotos que fixemos!

A PRIMAVERA E OS POEMAS CON LUZ XA ESTÁN AQUÍ

Hoxe mesmo, cuns días de retraso sobre o Día "oficial" da Poesía, puidemos sair ao patio a pendurar as rimas que lle fixemos a Colorin. A pesar do vento -que xa estragou alguns deles-  e da ameaza de chuvia para os días vindeiros, deixamos o noso patio sementado de poemiñas por aquí e por acolá. 
Tantos eran que algúns nenos ademais de lelos fixeron matemáticas e adicáronse a contar cantos poemas había no patio. Poida que nas fotos non estean todos e mesmo algún seica está repetido; porque un non se cansaba de ler tanta rima tan ben feita. Algúns copiámolos de poetas expertos e ilustrámolos con moitas gañas. Colorín deixara un recunchiño de poesía na biblio para axudarnos, pero fomos moitos os que botamos a voar a imaxinación e fixemos rimas aqueladas e nalgún caso moi libres. Nas fotos vemos a maioría dos poemas  que sairon á luz, algúns dos recunchos do patio onde os penduramos e aos nenos de 4 anos no intre de ir colocar os seus. Pouquiño a pouco iremos recollendo as fotos dos outros cursos nesta actividade.


domingo, 22 de marzo de 2015

COLORIN REINA NO MES DE MARZO

Comezou Marzo e daquela Colorin -o mouchiño marzaleiro- entrou na súa casiña da árbore arroiando e ainda que naquel día de primeiros de mes chovía case a cachón el non quixo deixar de enviar ás clases  ó seu mandado. Dito e feito na hora de ler  ós seus axudantes foron dar conta da súa lumiidea do mes.
Como xa pasou bastante tempo dende o seu anuncio e está aí loguiño o 24 de Marzo ollade ben esta semana cando pasedes polo patio que en calquera recunchiño  moita poesía podedes atopar.


xoves, 29 de xaneiro de 2015

OS DEBUXOS QUE FALTABAN

Prometéramos subir  ao volver das vacacións de Nadal os debuxos do traballo de Kandinsky que faltaban. Como non hai tanto ainda que volvemos hoxe cumplimos a nosa promesa. Deixámosvos aquí  unha foto do mural-agasallo mais pequeno dos dous que se fixeron cos debuxos que non cabían no grande.



sábado, 24 de xaneiro de 2015

O NOSO AMIGO COPO

Unha vez mais recibimos unha carta dos nosos amigos os mouchos da biblioteca . Como sabedes este  curso os mouchiños comparten con nós as súas "lumiideas" e daquela Copo o mouchiño do mes de Xaneiro invítanos desta volta a axudarlle na celebración do día da Paz e de paso a reflexionar sobre algunhas cousiñas que teñen que ver coa luz, o noso tema estrela deste ano.
Esta foi a carta que nos mandou.





Así que agora só queda poñerse unha vez mais "mans a obra" e a pensar...

sábado, 27 de decembro de 2014

O RELATOS DE MOUCHOLIBRO QUE AINDA NON SUBIRAMOS

Quedaran algúns relatos por subir da actividade DOUCHE UNHA PALABRA, DAME UN RELATO promocionada por Moucholibro. Aquí volos deixamos:

RELATO DE 1ºA

 


RELATO DE 1ºB




RELATOS EN INGLÉS

TERCERO PRIMARIA


CUARTO DE PRIMARIA


QUINTO DE PRIMARIA



SEXTO DE PRIMARIA

venres, 26 de decembro de 2014

OS DEBUXOS DE LIBROUCHO

Pechamos o trimestre cun grande mural no que colocamos tódolos nosos debuxos feitos para  Libroucho a partir do cadro "Paisaxe invernal" de Kandinsky e coa temática de Nadal. Tal como lle prometeramos ao Moucho, formamos con eles unha grande caixa de agasallos, o noso presente para este Nadal. (Bueno, de feito foron dúas as paredes que enchemos...somos tantos!)
Deixámosvos aquí as fotos dos murais e unha presentación cos debuxos feitos por todos. Coido que por despiste falta algún...(é que a fotógrafa estaba moi ocupada eses últimos días); pero que nos perdoen os autores. En canto volvamos ao cole repetimos as fotos e subimos os que non están.
Ademais o mural serviunos de impresionante fondo diante do que colocar o trono que tiñamos preparado para o Rei Melchor.







domingo, 7 de decembro de 2014

RELATOS DE 6º DE PRIMARIA EN GALEGO

Tamén os nenos de 6º de Primaria fixeron relatos en galego para Moucholibro.

RELATOS DE 5º DE PRIMARIA EN GALEGO

Os nenos e nenas de 5º de Primaria fixeron un mundo de relatos para Moucholibro. Estes que vos amosamos agora son os que fixeron coas palabras en galego que atoparon na caixa do mouchiño.

RELATOS DE 4º DE PRIMARIA

Na clase de 4º de Primaria decidiron facer tamén varios relatos para Moucholibro xuntandose en grupiños de 3 para inventar as súas historias.

OS RELATOS DE 3º DE PRIMARIA

Os nenos e nenas de 3º de Primaria xuntáronse en grupos pequenos e entre todos crearon os seus relatos. "El monstruo marino", "Una noche de frío" e  "Una princesa en apuros" 


OS RELATOS DE 2º PRIMARIA

Os nenos e nenas de 2º de primaria tamén traballaron xuntos para escribir uns cantos relatos para o mouchiño. Védelos!


OS RELATOS DE MOUCHOLIBRO: RELATO DE 4 ANOS

Seguimos a subir os relatos que os nenos e nenas lle fixeron a Moucholibro. Hoxe tócalle o turno os cativos de 4 anos. 
Tiñan as palabras castelás "MONSTRUO", "VAMPIRO", "MURCIÉLAGO", "TRUENO", "ESQUELETO" E "OSCURIDAD".

sábado, 29 de novembro de 2014

ACHÉGASE O NADAL. O MES DE LIBROUCHO

Achégase o Nadal e, antes de voar cara o seu sitio protagonista na árbore dos lumimouchos, Libroucho -a mascota da biblioteca no mes de decembro- non quixo chegar tarde á súa cita é xa nos mandou a súa "LUMI-IDEA" deste mes. 
Na semana que ven de pasar chegou ás aulas de primaria un rolo de papel no que viñan dúas follas moi especiais. Por unha banda, a petición do Moucho...o seu desexo para este nadal. Unha particular mensaxe co que nos pide o Mouchiño a nós, que neste caso facemos o papel de Reis Magos e imos traballar con moito mimo no que nos pide. Ademais imos aproveitar para prepararllo dun xeito moi especial, coma un grande agasallo de nadal que dentro dunhas poucas semanas poderedes desfrutar na entrada do cole. Estádesvos preguntando cal era a segunda folla?...pois ollade! unha imaxe dun cadro de Vassily Kandinsky co que imos empezar a traballar a lectura de imaxes na arte, ademais de poder aprender algo do propio autor. Ah, e non poderemos esquecer ir vendo como esta escena de inverno está chea de luz (como sabedes o noso tema "estrela" deste curso).
Bueno, os de infantil que non se preocupen que a eles tamén lles vai tocar participar!.








mércores, 26 de novembro de 2014

OS DE 3 ANOS TAMÉN TRABALLARON PARA O MOUCHIÑO

Os nenos e nenas de 3 anos cóntannos a súa "primeira" experiencia có Moucholibro.

Xa fai algúns días, aló polo Samaín, o Moucholibro (mascota da biblioteca) deixounos na clase unha carta na que nos propuxo algo super divertido. Tiñamos que ir á biblioteca e atopar un sobre amarelo no que había unha palabra relacionada co medo. Con esa palabra tiñamos que inventar unha historia de medo. Bueno..., ou algo parecido!
E alá puxémonos a investigar na pizarra dixital sobre as BRUXAS porque foi a palabra que nos tocou. Este foi o resultado...un libriño para cumplir o desexo do mouchiño.


sábado, 22 de novembro de 2014

OS RELATOS DE MOUCHOLIBRO

Como sabedes, Moucholibro -a nosa mascota do mes de outubro- quixo celebrar o 24 de Outubro, Día das bibliotecas escolares, pedindo a tódolos nenos do cole que lle fixeran relatos de medo coas palabras coas que el quería agasallalos. "DOUCHE UNHA PALABRA, DAME UN RELATO" chamábase a actividade. 
Dende entón estaba todo o mundo tan caladiño que todos pensabamos que se esqueceran da petición do Moucho. Pero velahí están xa na biblioteca os primeiros relatos feitos!. E uns chaman a outros porque enseguidiña apareceron mais e mais e agora xa hai un mundo de relatos amoreados na mesiña na que Moucholibro nos deixara as súas palabras. 
Os de 6º puxéronse mans á obra, como bós axudantes de biblioteca que son, e foron quen de prepararlle un arquivador no que van ir metendo tódolos relatos para que non perda ningún. Coido que o Moucho xa empezou a desfrutar da súa lectura e, en canto remate de lelos todos, imos pedirlle que nolos preste para que viaxen ás aulas. Daquela  tódolos compañeiros poderemos desfrutar tamén dos relatos dos outros. Vós tamén poderedes velos  na biblioteca e no libro dixital que subiremos ao blog para que ninguen perda nin unha palabra.
Aqui van unhas cantas fotos da mesa da bilioteca e dalgúns cursos traballando nos seus relatos. Pouquiño a pouco iremos subindo mais.











domingo, 9 de novembro de 2014

REILIBRO XA CHEGOU A SÚA CASIÑA

Estamos no mes de Novembro e REILIBRO xa chegou a súa casiña da árbore dos LUMIMOUCHOS para encargarse de ter as ideas luminosas deste mes. Mentres os preparativos sobre o PDI "As viaxes da luz" ainda non ven a luz,  Reilibro quere concentrarse no HÁBITO LECTOR,  agasallándonos con mais lecturas para A HORA DE LER. 

Dúas son as iniciativas que ven de por en marcha:
-A MALETA DOS MOUCHOS que xa desfrutan esta semana na aula de 6º de Primaria e que irá rotando por tódalas aulas.
-e o LIBRO RECOMENDADO DO TRIMESTRE. "Unha historia fantástica" co seu correspondente CADERNO VIAXEIRO, onde os nenos que o desexen contaranlle ós lumimouchos a súa  opinión sobre o libro. Son os nenos e nenas de 1ºA os que empezan a rolda.

Ámbalas dúas iniciativas responden ao lema das Bibliotecas Escolares para este curso BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO!!!.



 A "Maleta dos Mouchos" está chea de libros para tódalas idades con TÍTULOS MATEMÁTICOS. 
Por outra banda o conto "Unha historia fantástica" é un relato que aborda a "resolución de problemas" dun xeito orixinal e diverxente. Como ademáis este mes de novembro é o mes da CIENCIA EN GALEGO este libro tamén nos axudará a por en marcha o razonamento "científico" sobre todo o que supoñen as decisións que tomamos ao resolver os problemas cotiás.
Ésta competencia matemática é unha das máis importantes do currículo tanto na Primaria como na Educación Infantil.
















luns, 3 de novembro de 2014

OS LUMIMOUCHOS

O curso pasado tódolos nenos e nenas de candansúa aula deron moitas voltas á imaxinación e crearon 9 mascotas para a biblioteca. Nove facianas para o noso moucho que puido ir lucindo mes a mes ao longo do curso. A intención do equipo de biblio era escoller unha entre tódalas presentadas, pero...quedaron tan bonitas e cada aula puxo tanto corazón ao facelas que quedamos con todas. Este ano e para axudarnos a desenvolver o noso novo proxecto documental integrado "As viaxes" da luz tódolos mouchiños van ir acubillándose nunha particular árbore que temos plantado para eles, ao pe da escaleira grande, e dende alí van facernos partícipes das súas luminosas ideas convertidos nos nosos LUMIMOUCHOS.
O pasado mes de Outubro foi MOUCHOLIBRO O PROTAGONISTA e tivo unha idea moi especial, na que estamos a traballar e coa que celebramos dun xeito moi particular o Día das Bibliotecas. Esa mañá os seus axudantes levaron por tódalas clases unha carta do seu puño e letra na que nos facía unha invitación moi especial.


A esta idea chamoulle DOUCHE UNHA PALABRA, DAME UN RELATO e forma parte dunha iniciativa mais grande AS PROPOSTAS DO MOUCHO na que os lumimouchos pretenden que exprimamo-los miolos e nos convirtamos en escritores. A verdade é que nos puxémos con entusiasmo ao choio e imos darlle relatos a eito porque nos ofreceu  un mundo de palabras en galego, en castelán e en inglés. Xa vos contaremos o que vaia saíndo.