Os nenos e nenas de 4º comportáronse este curso como auténticos científicos. Experimentaron cos mais variados elementos e foron quen de explicar oralmente e cunha esstupenda presentación gráfica o que fixeron e a importancia e significado de todo o que estaban amosando.
xoves, 30 de maio de 2019
luns, 20 de maio de 2019
TEATRO EN GALEGO NO MES DAS LETRAS
domingo, 5 de maio de 2019
LEMBRANDO...DÍA DA POESÍA
A poesía ocupou o noso tempo durante todo o mes de marzo e parte de abril. Ademais da xa tradicional solta de poesías tódalas aulas recibiron maletas especiais para a hora de ler coas que poder achegarse intensamente a estas lecturas. Ademáis de facer propostas especiais arredor da linguaxe poética.
Na solta deste ano quixemos encher tódolos espacios do cole con poemas como celebración deste día. Podían ser poemas copiados dos autores en calquera das linguas que traballamos no cole; poemas de Rosalía; poemas inclusivos e relacionados coa natureza e a auga que lembren as outras datas que se celebran o 21 e 22 de Marzo ; e/ou poemas feitos polos propios nenos e nenas.
Como contribución ao noso PDI animamos tamén as aulas a procurar tamén poemas ou textos poéticos relacionados coa educación escolar.
sábado, 4 de maio de 2019
LEMBRAMOS...CARTA ÁS FAMILIAS PARA INVITALOS A PARTICIPAR NUN HISTÓRICO DE POEMAS
Esta é a carta que os mouchiños enviaron ás aulas
a resposta das familias non foi moi ampla, pero si moi interesante.
MES DO LIBRO...PADRIÑOS LECTORES
Padriños e madriñas lectores xa é un clásico do noso centro. Este curso, polas características do segundo trimestre, tivemos que adialo un pouquiño. Onte venres, rompendo xa a medrar o mes de maio, puidemos celebralo unha vez máis. Coma sempre, éxito lector total; ademais dun día de sol e calor xustiña que nos acompañou e animou. As lecturas, mil! .Os padriños e madriñas afanáronse en ler unha e outra vez ós seus afillados e os afillados maiores de primeiro e segundo tamén foron quen de lerlle ós padriños e madriñas. Os máis pequenos tamén gozaron abondo, nervios iniciais incluidos.
Mentres imos xuntando as moitas fotos feitas, ide desfrutando destas primeiras.
Mentres imos xuntando as moitas fotos feitas, ide desfrutando destas primeiras.
venres, 3 de maio de 2019
LEMBRANDO...8 DE MARZO: DÍA DA MULLER
A concorrencia da Semana da Prensa coa celebració do Día da muller tinguiu o traballo feito con tintes especialmente xornalísticos.
A biblioteca acolleu un recuncho especial de prensa e un expositor sobre igualdade e visibilidade das mulleres para servir de base a o traballo das aulas.
Estas foron as propostas que se fixeron as aulas:
-Procurar
novas da prensa sobre o acontecemento do 8 de marzo e reflexionar nas aulas sobre o seu por qué e a súa
trascendencia.
- Elaborar carteis
ou presentacións dixitais coas novas recollidas e aspectos delas que lles
chamasen a atención. Outra posibilidades é
elaborar cos nenos unha listaxe
cos aspectos principais da situación social actual e o que se quere conseguir.
Tamén podedes facer un cartel cunha destas reinvidicacións e posibles solucións
comentadas nun texto xornalístico elaborado polos nenos.
-A
educación da muller nos últimos 50 anos.
Podedes consultar textos de prensa dixital que están na pestana do blogue e
elaborar unha liña de tempo cos
cambios que se foron producindo.
- Novas
diversas sobre mulleres: Recollida de novas de prensa sobre mulleres
diversas e colocación das mesmas ou de traballiños sobre elas nas portas das
aulas ou nas paredes próximas.
A biblioteca acolleu un recuncho especial de prensa e un expositor sobre igualdade e visibilidade das mulleres para servir de base a o traballo das aulas.
xoves, 2 de maio de 2019
ROTEIROS PRIMAVERAIS PARA AS FAMILIAS
Coñecer o noso entorno é un obxectivo importantísimo deste PDI deste ano. Daquela, non podiamos deixar pasar a oportunidade nesta primavera de lanzarvos a todos e todas a pescudar o que se agacha entre os montes, ríos e barrios da nosa parroquia. A carta para as familias, que escribiron os mouchiños da nosa biblioteca, non dá moitas pistas. Seredes quen de usar o google maps ou mellor o boca a boca entre veciños e coñecidos para localizar todo o que vos piden as nosas mascotas?
Deixámosvos quí a carta por se alguén non a recibiu na casa.
Imos deixarvos, tamén, unha pequena axudiña, pero como dí na carta... todo o que atopededes está ben, ainda que non estea na lista. O importante é desfrutar e facelo coa familia e os amigos. E de paso aprender algo sobre o noso entorno e sobre nós mesmos.

LISTAXE DE ELEMENTOS NATURAIS:
ü
CURUCHO DA AGUIEIRA 163 M
ü
CURUCHO DA PARAGUDA 131 M
ü CURUCHO DE PEDRA LONGA 107 M
ü
MONTE DOS CASTRO 95M
ü
O CARBALLO DA LAXE (CASÁS)
FLORA E FAUNA DO MONTE E DO LAGARES
FLORA E FAUNA DO MONTE E DO LAGARES
LISTAXE DE ELEMENTOS ETNOGRÁFICOS:
ü
MUIÑOS
- No río do croque-
río de Rial: muiño da aguieira, muiño do topete, muiño da laxe, muiño novo,
muiño do grilo...
-No río de Sanín e regueiro das torres: Muiño do purgatorio, muiño da
presa, muiño do crego , muiño da rodeira
-no Lagares Muiño das salinas
ü
LAVADOUROS
en Casás :regueira, gandra laxe;en Sanin: presa ;en Rial: pontillón
en Casás :regueira, gandra laxe;en Sanin: presa ;en Rial: pontillón
ü
POMBAL do tombo no lugar
de Chaplota na igrexa
ü
PONTES
En A ponte (por baixo da estrada), As Salinas e a ponte vella de Muiños
En A ponte (por baixo da estrada), As Salinas e a ponte vella de Muiños
ü
PALCO DE MÚSICA NOVO no torreiro
ü
ESCOLAS VELLAS Na ponte (xardin vigo), nas
nogueiras: ao pé do vello cruceiro
ü
CABANAS (canizos ou hórreos) A de
Daniel da presa (Casás); a das manelas, na pedreira. E moitos máis que se agachan
por todas partes.
ü
FONTES: na Pedreira, na Fonte Santa,...
ü
PETO DE ÁNIMAS DO ROMEU na estrada de Camposancos
ü
CRUCES DO CALVARIO DE RODEIRA
ü
A FONTE DO PAZO E O CRUCEIRO DO
PAZO
ü
A FONTE DOS FRADES, bulleiro na
Cova da Becha
ü
CRUCEIROS: o do Outeiro ao lado da
escola vella; o Cristo do Pazo; O cruceiro do Adro da Igrexa
ü
A CASA DAS MANS UNIDAS
LEMBRANDO...SEMANA DA PRENSA
A semana da prensa acolleu, neste curso tan especial, ademáis do traballo nas aulas con xornais un mural no que se recollían algunhas das novas que na nosa cidade foron publicadas hai 50 anos. A sección de hemeroteca do Faro de Vigo foi a que nos aportou moita información para ser quen de facermos unha idea do que foi aquel 1969 no que no cole comezou a súa andaina.
Vigueses distinguidos foi a nova estrela deste curso coa que traballamos nas aulas e na que todos somos protagonistas. Coido que algún curso xa está planeando contarnos o que nos sucedeu no vindeiro xornal Don Moucho, ao que xa non lle falta moito para sair do prelo. Este xornal no que se traballa durante o terceiro trimestre é a mostra do noso interese de sermos xornalistas e contarvosao noso xeito as nosas cousas.
A prensa tamén estivo presente nas tarefas programadas para a celebración da figura de Rosalía e do Día da Muller. Algunhas aulas redactaron novas referidas a estes acontecementos e abondaron na liña de investigación proposta sobre a poesía social de Rosalía, que despois tamén formou parte da solta de poesía feita no mes de marzo.
Por último os de infantil usaron a prensa como material plástico e colaboraron todos na feitura dun "busto" de Rosalía que xa forma parte da decoración da nosa biblioteca.

mércores, 1 de maio de 2019
LEMBRANDO...CARTEIS PARA O COLE
Adiantándose o programado para o terceiro trimestre, na aula de 4º de Primaria tiveron unha grande idea e levaron adiante a elaboración duns carteliños conmemorativos do aniversario do noso cole.
Agora que está a punto de comezar o certame QUE É O PÁRROCO PARA TI? no que se pode participar cun texto, un debuxo ou un cartel/collage, estas primicias que nos deron os nenos e nenas quedan incorporados ó libro que imos realizar con tódolos participantes. Se algunha familia quere participar tamén será benvida. Deixaremos "as bases" noutra entrada.
Así de ben fixéronos eles e elas.

LEMBRANDO...MURAL DE PRESENTACIÓN REMATADO
Coa colaboración de todos, o noso mural de presentación loce dende hai tempo na entrada do cole.
Acompáñano no exterior o "50" feito con ganchiño por moitas familias e alumnos do cole e o mural conmemorativo oficial do noso 50 aniversario.
Acompáñano no exterior o "50" feito con ganchiño por moitas familias e alumnos do cole e o mural conmemorativo oficial do noso 50 aniversario.
LEMBRANDO...VIGUESES DISTINGUIDOS
Que mellor nova da prensa cando temos que traballar coas súas páxinas, que sermos nós os protagonistas nos xornais. Vigueses distinguidos , o recoñecemento que tódolos anos ao tempo que celebramos a Reconquista fai o concello a distintos persoeiros da cidade ten recaído neste 2019 en varios centros educativos, entre eles o noso pola nosa laboura educativa cos cidadáns do noso concello.
Nunha gala con moito público e a directora, Pili, recolleu o premio que nos correspondía.
Deixámosvos tamén as novas de prensa.
https://www.atlantico.net/articulo/vigo/once-centros-educativos-vigueses-distinguidos-2019-ex-aequo/20190314144758696429.html
https://www.atlantico.net/articulo/vigo/trece-colegios-seran-vigueses-distinguidos-2019/20190314213908696477.html
https://www.vigoe.es/vigo/local/item/27470-vigo-somos-todos-porque-sen-carolos-e-carolas-non-hai-cachamuinas

LEMBRANDO...24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA
Celebramos o día de Rosalía lembrando a súa figura literaria a través dun marcapáxinas que todos decoramos e levamos para as casas. A faciana de Rosalía foi traballada en moitas das aulas e mesmo os cativos de infantil atrevéronse a facela en volume e con papel de periódico. Como os pequeniños tamén quixeron axudar, o traballo ainda está por rematar, pero seguro que dentro de nadiña todo o cole poderá admirar a súa obra escultórica (a dos pequenos).
Por outra banda respondendo á chamada da AELG (asociación de escritores en lingua galega) fixemos estas propostas ás aulas para desenvolver a figura de Rosalía en relación a semana da prensa.
-A denuncia social de Rosalía. Procura de versos nos que a autora denuncia diferentes situacións que atinxen á sociedade da súa época e que seguen a estar moi de actualidade.

-
Procura de textos periodísticos
actuais nos que se denuncian as mesmas situacións. Podemos elaborar carteis nos
que aparezan conxuntamente os versos de Rosalía e mailas novas da prensa e
“soltalos” tamén nas paredes do cole o 22 de Marzo.
Estas son algunhas das cousiñas que encheron os corredores.
Estas son algunhas das cousiñas que encheron os corredores.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)