O trimestre iniciouse coa preparación do noso traballo de Xeolocalización. Dentro do PDI Párroco 5.0. , coñecernos, saber onde estamos, de onde vimos e tamén onde imos é un dos obxectivos básicos. Tódalas aulas traballaron na localización do cole, aprendendo a usar o Google earth para poñer en relación o que coñecemos coa nosa pertenza a entes cada vez máis globalizadores. Quixemos vernos a nós mesmos en relación o que nos constitúe...e descubrimos que somos cidadáns dun planeta que non está só no universo. Dentro do planeta descubrimos as nosas referencias...o continente no que se sitúa o noso entorno, o pais, a comunidade autónoma, a provincia, o concello, a parroquia, o lugar...as nosas coordenadas. Os pequenos axudáronnos tamén nesta tarefa: leváronnos a ver o cole por dentro e por fora.
"Un puntiño no universo" é o título que o dí todo sobre esta interesante actividade. Vós tedes o resultado nas escaleiras. Ainda que coma sempre vos decimos, o máis importante é o proceso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario