Padriños e madriñas lectores xa é un clásico do noso centro. Este curso, polas características do segundo trimestre, tivemos que adialo un pouquiño. Onte venres, rompendo xa a medrar o mes de maio, puidemos celebralo unha vez máis. Coma sempre, éxito lector total; ademais dun día de sol e calor xustiña que nos acompañou e animou. As lecturas, mil! .Os padriños e madriñas afanáronse en ler unha e outra vez ós seus afillados e os afillados maiores de primeiro e segundo tamén foron quen de lerlle ós padriños e madriñas. Os máis pequenos tamén gozaron abondo, nervios iniciais incluidos.
Mentres imos xuntando as moitas fotos feitas, ide desfrutando destas primeiras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario