luns, 15 de maio de 2023
VOLVEN AS ACTIVIDADES PARA FAMILIAS
RADIOCAMILO TAMÉN EN INGLÉS
Radio Camilo ten dende hai uns días un novo programa IN ENGLISH. Os rapaces e rapazas de 5º e 6º gravaron xa dous episodios. O primeiro deles é unha entrevista á nosa auxiliar de conversa. No segundo episodio 6º de primaria grava unha historia de medo...Magic Castle. Xornalistas e escritores! Estamos xa facendo canteira.! Parabéns a todos!
6º de primaria
sábado, 13 de maio de 2023
BANDA DESEÑADA E PDI
Os nenos e nenas de 5º fixeron no seu obradoiro de escrita uns textos de banda deseñada nos que trataba a temática dos problemas e coidados do planeta. Ecoconciencia noutro formato ao que estamos afeitos. A nosa profe de PT que os acompañou na gravación dos textos como podcast, montou un vídeo co traballo dos distintos grupos.
SEGUNDO DE PRIMARIA SÚMASE ÁS LECTURAS COMPARTIDAS
Non lles daba chegado o tempo e por fin despois de escoitar durante todo o curso as lecturas do xoves no recreo que facían os compañeiros dos cursos dos maiores, quixeron probar eles esta experiencia. Primeiro xa sabedes de xeito improvisado o xoves 11. O venres comezaron a súa andaina nesta actividade cun público entregado das aulas de infantil, primeiro e segundo.
Julia, Alex, Zoe e Esther leron La verdad según Arturo
BOCATAS SANOS NO NOSO PDI
O pasado martes 9 de maio tódolos nenos e nenas do cole recibimos a visita dos monitores de FAI CLIC AO TEU BOCATA.
Este programa pretende abondar nas vantaxes para a nosa saúde dunha alimentación sa. Os bocatas mudan os seus ingredientes cotiás por peixes en conserva e verduras que os fan máis apetecibles, sans e sostibles. Abondamos, logo, de xeito experiencial nos obxectivos que persegue o noso PDI anual. Tedes as fotos dos xogos e traballos no blog fonte dos frades
xoves, 11 de maio de 2023
CONTACONTOS IMPROVISADO NO RECREO
Un imprevisto impediu levar adiante a lectura do contacontos no recreo. O público xa estaba a agardar o comezo, asi que...Zoe e Esther de 2º de primaria escolleron un libro nos andeis e lérono para todos.
Ni guau ni miau foi o libro que escolleron e contaron de marabilla. Que sorte tivemos!
martes, 9 de maio de 2023
OS DE 4º SEGUEN A SÚA ROLDA DE CONTACONTOS
Os nenos e nenas de infantil 1º e 2º gozamos unha xeira máis de contacontos na hora de ler. Desta volta o xoves e mailo venres escoitamos a dous grupos de 4º que nos contaron as historias de Bruno e de Rot.
Primeiro foi a quenda de Candela, Lara e Daniela, lectoras xa de O gato lambón nas semanas pasadas, que leron Bruno. Despois foron Sabrina e Lucas os que se atreveron con Rot el más guapo del mundo. Fixérono moi ben e gustáronnos moito ambolos dous contos.
ROT
domingo, 7 de maio de 2023
NOVO CONTACONTOS NO RECREO
Ezequiel, de 5º de primaria, foi o protagonista da sesión de contacontos deste xoves no recreo. La gran fábrica de palabras foi o conto escollido. Unha historia fermosa sobre o valor de cada palabra.
Hai algún tempo xa nos lera no recreo e agora quixo repetir. Parabéns, Ezequiel!
sábado, 6 de maio de 2023
OBRADOIRO DE GANCHO E PDI
Hai tempo, no mes de novembro, que comezou a súa andaina o obradoiro de gancho dirixido pola profe Elena, con grande éxito de participantes. Moitos deles tiveron que agardar ata este terceiro trimestre para poder entrar pero por fin xa tiveron un oquiño para practicar esta arte manual. Ademáis de aprender os puntos básicos, os participantes colaboran na realización das redes que forman parte do mural do noso PDI . Tamén están atarefados na confección das bolsas de merenda reutilizables e sostibles, outro dos grandes obxectivos do proxecto deste curso.
TEATRO EN INFANTIL
Como adoitabamos facer antes da pandemia, este xoves tódolos cativos de infantil fomos ao teatro da fundación a gozar coa maxia do teatro. Feo foi a obra coa que nos agasallou un único actor que fixo desfilar diante nosa unha morea de parrulos para contarnos unha particular interpretación do conto clásico O parrulo feo. Con ela aprendemos a importancia da diversidade. Foi unha interpretación un chisquiño dificil para nós, pero fomos quen de gozar coa atmosfera de cores, luces e efectos especiais que nos chegaban dende o escenario. Abofé que, malia dificultade da historia, pagou a pena a viaxe! Dende agora non quereremos só parrulos amarelos, senón de tódalas cores!

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)














.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)


.jpeg)

.jpeg)






.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
