sábado, 15 de xuño de 2019

ENTREGADAS AS TAREFAS

Chegando o mes de Xuño, xa era tempo de entregar  o traballo feito para as tarefas que nos encargaron os mouchiños. Os murais circulares de tódalas aulas enchen xa as nosas escaleiras.  Subir  e baixar é un desfrute mentres somos quen de ollar o noso cole dun xeito moi especial. Primeiro temos que ir descubrindo como tódolos nosos compañeiros matinarons e máis se espeliron  para conseguir tomar as medidas dos espacios que lles tocaron. No outro andar aprendemos tódolos materiais de que está composto un cole e ademáis achegámonos ós elementos químicos que os compoñen. A táboa periódica dos elementos químicos tamén está de aniversario e nós non podiamos esquecelo.

TOMANDO MEDIDAS













DE QUE PASTA ESTAMOS FEITOS?














50 ANOS DA EIRUGUIÑA

Este curso poñémonos sempre moi ledos cando podemos celebrar outros aniversarios canda o noso. Feliz descoberta foi saber que a eiruguiña máis comechona de tódalas eiruguiñas cumple tamén 50 anos. 50 dende que o seu autor Eric Carle puxéraa a comechar de froita en froita.
A biblioteca non quixo perder esta celebración e preparou un expositor especial para este conto, coincidindo tamén coa semana de froita nas nosas aulas. Coma sempre que queremos afondar nunha lectura temos publicado unha serie de recursos, variados, algúns deles inclusivos,  para tódalas aulas que se queiran achegar a el.
Os pequenos xa o fixeron. Eles están moi afeitos  a observar o comecome continuo das nosas eirugas da seda, así que foi unha festa acompañar a esta eiruguiña de conto. Ao tempo que comían as variadas froitas que nos ofreceu o programa, atrevéronse primeiro a ler e, despois,  a escoitar a lectura deste nutritivo libro. Ademáis practicaron no super  dun fruteiro moi especial (O señor Can) a compra de froitas. Que mellor que levar a literatura á vida diaria.











CIENCIA NO PÁRROCO

Este curso témoslle dado moito á Ciencia e así queremos que siga  a acontecer no vindeiro ano. Ciencia no noso día a día nas aulas e ciencia nas actividades especiais que facemos dentro e fora do cole.
Ao longo do ano achégamonos non só ós conceptos científicos que xiraban arredor da xeolocalización. a medida e a química  (tarefas todas incluidas no PDI) senón que quixemos experimentar e pescudar por nos mesmos: os traballos documentais, a nosa maqueta, o coñecemento dos segredos da horta (allos, patacas e cebolas ) as experiencias de laboratorio (experimentos de 2º e 4º. Ademáis poidemos desfrutar de actividades tan interesantes como o planetario que viaxou ata o noso cole, as experiencias que nos agardaban no naturnova e tamén os obradoiros científicos que nesta penúltima semana do curso chegaron ata a nosa biblioteca. Todo isto sen deixar de botar unha ollada aos libros nos expositores científicos que se sucederon na biblioteca.
Un pouquiño máis abaixo deixámosvos as fotos desta última actividade científíca da que puideron gozar tódolos cursos de primaria. Os de infantil non se queren quedar atrás e xa están dando os últimos "toques" as experiencias de ciencia con auga que farán nesta derradeira semana do curso. Pero iso xa volo contaremos noutra entrada.












luns, 3 de xuño de 2019

TEATRO LUNÁTICO NO FESTIVAL

O festival sempre é un bo momento para que as aulas dos maiores nos agasallen a todos, alumnos e familias, co seu bo facer no teatro. Este ano non ia ser menos e enseguidiña puxéronse mans á obra para representar dous contiños. 
A que sabe a lúa e Paco foron os elexidos, dous contos nos que a lúa é  protagonista; igual que o é este ano no que como todos sabedes tamén está de aniversario.
O primeiro foi desfrutar do teatro de sombras. Foron os nenos e nenas de 6º os encargados de mover os fíos da historia de "A que sabe a lúa".
Despois chegou a quenda dos nenos e nenas de 5ºA quen contaron o conto "Paco" coa técnica de teatro negro. Fixérono moi ben todos e nós gozamos moito coas súas historias.

Kalandraka: Detalle










xoves, 30 de maio de 2019

EXPERIMENTOS EN 4º

Os nenos e nenas de 4º comportáronse este curso como auténticos científicos. Experimentaron cos mais variados elementos e foron quen de explicar oralmente e cunha esstupenda presentación gráfica o que fixeron e a importancia e significado de todo o que estaban amosando.