A que sabe a lúa e Paco foron os elexidos, dous contos nos que a lúa é protagonista; igual que o é este ano no que como todos sabedes tamén está de aniversario.
O primeiro foi desfrutar do teatro de sombras. Foron os nenos e nenas de 6º os encargados de mover os fíos da historia de "A que sabe a lúa".
Despois chegou a quenda dos nenos e nenas de 5ºA quen contaron o conto "Paco" coa técnica de teatro negro. Fixérono moi ben todos e nós gozamos moito coas súas historias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario