Este curso témoslle dado moito á Ciencia e así queremos que siga a acontecer no vindeiro ano. Ciencia no noso día a día nas aulas e ciencia nas actividades especiais que facemos dentro e fora do cole.
Ao longo do ano achégamonos non só ós conceptos científicos que xiraban arredor da xeolocalización. a medida e a química (tarefas todas incluidas no PDI) senón que quixemos experimentar e pescudar por nos mesmos: os traballos documentais, a nosa maqueta, o coñecemento dos segredos da horta (allos, patacas e cebolas ) as experiencias de laboratorio (experimentos de 2º e 4º. Ademáis poidemos desfrutar de actividades tan interesantes como o planetario que viaxou ata o noso cole, as experiencias que nos agardaban no naturnova e tamén os obradoiros científicos que nesta penúltima semana do curso chegaron ata a nosa biblioteca. Todo isto sen deixar de botar unha ollada aos libros nos expositores científicos que se sucederon na biblioteca.
Un pouquiño máis abaixo deixámosvos as fotos desta última actividade científíca da que puideron gozar tódolos cursos de primaria. Os de infantil non se queren quedar atrás e xa están dando os últimos "toques" as experiencias de ciencia con auga que farán nesta derradeira semana do curso. Pero iso xa volo contaremos noutra entrada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario