Chegando o mes de Xuño, xa era tempo de entregar o traballo feito para as tarefas que nos encargaron os mouchiños. Os murais circulares de tódalas aulas enchen xa as nosas escaleiras. Subir e baixar é un desfrute mentres somos quen de ollar o noso cole dun xeito moi especial. Primeiro temos que ir descubrindo como tódolos nosos compañeiros matinarons e máis se espeliron para conseguir tomar as medidas dos espacios que lles tocaron. No outro andar aprendemos tódolos materiais de que está composto un cole e ademáis achegámonos ós elementos químicos que os compoñen. A táboa periódica dos elementos químicos tamén está de aniversario e nós non podiamos esquecelo.
TOMANDO MEDIDAS
DE QUE PASTA ESTAMOS FEITOS?
Ningún comentario:
Publicar un comentario