Hai moito tempo, tanto que xa non vos lembraredes, Reilibro deunos un mandado...ler un dos libros da biblio e contarlle o que mais nos gustase do mesmo.
Preparou un grande libro viaxeiro para que apuntasemos alí todo o que nós quixer.
Tanto nos gustou a idea que o libro empezou a viaxar polas aulas no mes de novembro e non parou ata hai pouco, de xeito que algúns pensamos que xa non poderiamos ensinárvolo antes de acabar o curso. Pero... por fin despois de moitas idas e vidas xa o temos nun andel da biblio para que todos poidades desfrutar do que fixeron os compañeiros e para que o mouchiño pase moitas horas entretidas na lectura das súas imaxes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario