mércores, 19 de xuño de 2019

TEATRO E CANCIÓNS

Hoxe, xa rematando o curso tivemos o privilexio de desfrutar co grupo "Migallas", que se achegou ata  o noso cole para  axudarnos a poñer un estupendo punto e final á nosa celebración de aniversario por este curso.
O patrimonio cultural desfilou nas súas cancións axudándonos a coñecer e entender moitos costumes e usos que xa van quedando un pouquiño lonxanos para nós. Foi tamén un guiño os contidos que encheron as aulas nestas Letras Galegas que deixamos atrás. Pero sobre todo foi un goce velos e escoitalos, e cantar e baillar canda eles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario