martes, 17 de decembro de 2024

ITINERARIOS LECTORES DE PRIMARIA

Neste cole xa sabemos que hai moitas maneiras de vivir unha lectura: ler sós, ler coa familia, ir a un club de lectura... pero tamén é especial compartir un libro coa nosa aula e recibir ao autor ou autora para ir máis aló e descubrir os segredos que poida haber tras esa obra... 

Chega o nadal, época de agasallos, un tempo perfecto para pedir os nosos libros!


1º e 2º de primaria leerán... CURRIÑO. BENVIDO AO EQUIPO de Ledicia Costas

Curriño. Benvido ao equipo (INFANTIL E XUVENIL - SOPA DE LIBROS) : Costas,  Ledicia, Koey, Mili: Amazon.es: Libros

3º e 4º de primaria atreveránse coa...ESCOLA DE BRUXAS de María Canosa

Escola de bruxas (INFANTIL E XUVENIL - SOPA DE LIBROS - De 8 anos en  diante) : Canosa, María, Odel, Maiky: Amazon.es: Libros

e 5º e 6º xa están somerxidos nos poemas de... UNHA NOVA DIMENSIÓN de Anxo Iglesias

Unha nova dimensión - Editorial Xerais


luns, 16 de decembro de 2024

OBRADOIROS DE ADORNOS DE NADAL ECOSOSTIBLES

Dentro do programa de Biblioteca Creativa, a biblioteca organizou uns obradoiros artísticos para crear adornos de nadal con material reciclado. 

Está claro que cun pouco de imaxinación podemos darlle unha nova vida a productos de refugallo que temos na casa como tapas de botes, follas de xornais...

Aquí van algúns exemplos!    









3 DE DECEMBRO - DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O 3 de decembro é o día internacional das persoas con discapacidade, declarado en 1992 pola Asamblea Xeral de Nacións Unidas.

É importante promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade, así como como concienciar sobre a súa situación para desenvolver valores como a empatía e o respecto.

Dende a biblio preparamos un expositor con libros que teñen como protagonistas persoas con discapacidade ou outros que nos lembran que hai riqueza nas diferenzas e na diversidade.




Tamén reflexionamos sobre as etiquetas que acompañan ás persoas con discapacidade e rompemos con elas para avanzar cara unha sociedade equitativa.

         



mércores, 11 de decembro de 2024

ILUSTRAMOS O CARTEL DO CROS ESCOLAR!

 

Que importante é facer partícipe ao alumnado da vida do centro! 

ANPA e escola traballamos conxuntamente para deseñar o cartel do Cros Escolar Párroco Don Camilo coas aportacións do noso alumnado!

Aquí van algúns exemplos!






mércores, 27 de novembro de 2024

25 N na biblio: combatemos a violencia de xénero co apoio dos libros

Dende a escola e a nosa biblio, pomos o noso gran de area para combater a violencia de xénero e avanzar na súa prevención.

Este ano axudámonos de dous contos para reflexionar sobre esta triste realidade e sementar nas ideas e corazóns dos nosos alumnos a semente do respecto e da igualdade. 

"Arturo e Clementina" amosa unha historia moi dura na que Arturo non se comporta como unha parella respectuosa e namorada e, dende logo, non amosa amor.  

"Las tres mariposas" narra a historia de tres irmás que loitaron por un mundo máis xusto. Un conto baseado na historia real das irmás Mirabal.

Tras a súa lectura e posterior coloquio, no seguinte vídeo podedes comprobar como deixamos plasmado nas paredes do cole as nosas reflexións e conclusións. 

Detectamos o que é a violencia e eses comportamentos que non teñen lugar na sociedade xusta e igualitaria, para cambialos por actitudes e comportamentos que sexan verdadeiramente xestos de amor.









mércores, 20 de novembro de 2024

20N - CONMEMORACIÓN DOS DEREITOS DA INFANCIA: XOGOS E LAB BOOKS NA BIBLIO

 

Hoxe, 20 de novembro, é o día no que conmemoramos os dereitos dos nenos e das nenas

Na biblioteca atopamos un xogo para descubrir ou lembrar os nosos dereitos. Gozamos moito do xogo, e tamén aproveitamos para reflexionar sobre o cumprimento dos dereitos,  a importancia de defender a infancia e as diferentes situacións que poden darse segundo o lugar no que nos atopemos. 

Completamos esta actividade coa creacións duns lab books coa información que atopamos nunha pequena investigación sobre a orixe dos dereitos do ser humano e, especificamente, dos nenos e nenas.

Como sempre dicimos, aínda que somos pequenos e pequenas, temos os nosos dereitos e unha voz para compartir grandes ideas cos adultos!




 

martes, 19 de novembro de 2024

PRIMEIRA XUNTANZA DAS "ESTRELAS DA LECTURA"!

 

Por fin chegou o día no que iniciamos o noso club de lectura!

Hoxe foi a primeira reunión e tiñamos que comezar a crear esta nova comunidade que nace no noso centro... 

O primeiro que fixemos foi decidir un nome! Varias boas ideas apareceron no debate, pero finalmente quedamos con "As estrelas da lectura" ou súa versión abreviada "lectoestrelas".

Como bos lectores que somos, precisabamos unha bolsa á altura para transportar os nosos libros... polo que hoxe o club de lectura transformouse nun obradoiro artístico e creativo! Aínda estamos no proceso, pero xa vos deixamos botar unha ollada!





sábado, 9 de novembro de 2024

OBRADOIRO DE KUMIHIMO

Como ben sabedes, encántanos que o noso alumnado teña a oportunidade de participar en obradoiros artísticos e creativos. 

Este ano iniciamos un obradoiro enmarcado dentro de Polos e Biblioteca creativa para aprender a técnica de  KUMIHIMO!

Resulta que o Kumihimo, é un disco ou telar redondo que nos serve para crear trenzas redondas e facernos unhas bonitas pulseiras!

Aquí vos deixamos unha mostra do proceso!






SAMAÍN NA BIBLIO

 SAMAÍN NA BIBLIO 🎃 🕷️ 👻 

A biblio do noso cole non puido librarse dos efectos do samaín… Nestas últimas semanas, uns pequenos seres 🕷️foron conquistando as nosas estanterías coas súas teas… Foi difícil non quedar presos nas súas redes… 

As pantasmas do Párroco tamén pasaron pola biblio para amosarnos as lecturas máis terroríficas 📖👻 

Entrar na biblio sempre é unha aventura… pero esta foi arrepiante 😦🫨 

Os nenos e nenas do cole gozaron e compartiron lecturas terroríficas con monstros e meigas como protagonitas... E  tamén se achegaron á historia do Samaín e coñeceron a orixe desta celebración en Galicia.




xoves, 24 de outubro de 2024

24 DE OUTUBRO - DÍA DAS BIBLIOTECAS

Hoxe, 24 de outubro, celebramos o día das bibliotecas cunha BIBLIOXINCANA organizada polos mouchiños da nosa biblio.

Estes pequenos seres que habitan na nosa biblioteca escolar prepararon unha formación de usuarios a través de diferentes probas: atopar libros, devolver libros, xogo de memoria coas normas en pictogramas, uso dos marcadores, coñecer os expositores... En resumo... unhas desfiantes probas que o alumnado do Párroco foi superando con éxito grazas ao seu bo coñecemento da biblio!

Aínda que non queremos desvelar o contrasinal secreto... compartimos convosco algunhas fotos da xincana!


BIBLIOXINCANA DE INFANTIL:



BIBLIOXINCANA DE PRIMARIA:



luns, 21 de outubro de 2024

CELEBRAMOS O DÍA DAS ESCRITORAS!

O pasado 14 de setembro celebramos o DÍA DAS ESCRITORAS polo que se levaron a cabo diferentes actividades para conmemorar e reivindicar o labor e legado das escritoras.

Tanto infantil como primaria puido gozar dun contacontos (organizado por alumnas de 6º de primaria) no que relataban a historia de vida da escritora española GLORIA FUERTES.

O alumnado de infantil, aproveitando esta figura, estivo lendo cousas desta escritora e elaborou uns pósters para compartir o traballado co resto da comunidade.

Os cursos de primaria aproveitaron para compartir nos pósters lecturas das súas escritoras favoritas e para divulgar escritoras galegas contemporáneas.

Non esquecemos detalle e fixemos un obradoiro de marcapáxinas seguindo a temática "escritoras".

No seguinte vídeo podedes ver un poquiño do proceso - resultado das 3 actividades da semana!





domingo, 13 de outubro de 2024

DÍA DAS ESCRITORAS! Obradoiro de marcapáxinas e contacontos nos patios!

Mañá, luns 14 de outubro, é o día no que conmemoramos ás ESCRITORAS pola súa labor e o legado que nos deixan ao longo da historia.

Ao longo da semana haberá actividades e obradoiros nos que nos acordaremos de marabillosas escritoras, poetas e pensadoras.

No especial de patios, teremos un OBRADOIRO DE MARCAPÁXINAS.

Haberá un recuncho preparado para o deseño dun marcapáxinas de escritoras. Podes vir nos patios e facer o teu!

Tamén un CONTACONTOS da biografía dunha ESCRITORA. Vén e descobre de quen se trata!




martes, 1 de outubro de 2024

OBRADOIRO DE FÍOS!

Iniciamos os PATIOS CREATIVOS dende a BIBLIO coa posta en marcha do OBRADOIRO DE FÍOS!


O tempo de lecer do luns (11:45-12:15) podes adicalo a facer pulseiras dunha maneira moi orixinal!


Podedes apuntarvos ao obradoiro a través da CAIXA DE CORREO da biblio! 








INICIAMOS CLUB DE LECTURA!

Neste curso, dende a Biblioteca do CEIP Párroco Don Camilo queremos crear unha comunidade ao redor dos libros coa posta en marcha dun CLUB DE LECTURA!

Un club de lectura consiste nunha práctica de socialización e creación de comunidades ao redor dos libros. Para poder iniciar esta práctica, unha mestra guiará e mediará cada xornada do club de lectura a través da organización de debates, lecturas dramatizadas, merendas e outras actividades relacionadas coa lectura común do grupo.

Neste curso 2024-2025 queremos comezar por formar un club cos máis maiores! Os alumnos e as alumnas de 5º e 6º.

O club de lectura contará cun calendario de xuntanzas, unha sesión cada 15 días (semanas alternas), os martes pola tarde.

Apúntate!



LEMBRAMOS AS NORMAS!

 A biblioteca é un espazo no que podemos realizar múltiples actividades como: 

  • Ler ou estudar 
  • Buscar información 
  • Coller libros en préstamo 
  • Empregar os xogos dispoñibles 
  • Realizar actividades de debuxo e escritura 
  • Participar en actividades organizadas pola biblio: contacontos, obradoiros… 
  • Empregar os ordenadores para tarefas de investigación, búsqueda de información, traballos… 

O ambiente da biblioteca, como lugar de lectura, investigación ou estudo, debe ser o adecuado. O silencio, a responsabilidade e o respecto polos demais e polo espazo crean o clima necesario e imprescindible para un bo funcionamento da mesma. 

Deixamos por aquí as normas para que a nosa biblioteca funcione correctamente e sexa un espazo cómodo no que podamos gozar dos libros e da comunidade que construímos ao redor deles!




INICIAMOS CURSO 2024-2025!

Durante este primeiro mes que vai de escola, os motores da nosa biblio colleron forzas e un montón de novas propostas irán aperecendo!

Este ano o tema “Como chove miudiño! A ciencia tralos meteoros” configúrase como eixo central. A BIBLIOTECA será un espazo onde poderemos atopar información, suxestións de actividades, actividades de animación á lectura, e moito máis! 

Axiña publicaremos as novas da biblio!

luns, 1 de xullo de 2024

SEGUIMOS A LEMBRAR... EXPOSICIÓN DE PINTURA #PRESUMIMOS

 Durante o 3º trimestre en Arts de 1º a 5º estiveron a traballar con Sonia Delaunay e Ouka Leele.  O noso xardín foi escenario do seu traballo artístico.Podédelo ver no noso instagram

https://www.instagram.com/ceipparroco/reel/C5-18iysLqu/

Foron pendurando as súas creacións no corredor segundo ían rematando, ata que nos agasallaron cunha estupenda exposición final. E claro nós #presumimos! Parabén ós artistas!









LEMBRANDO O DÍA QUE SEGUIMOS O ECLIPSE. 5 ANOS

 8 de abril de 2024 é unha data que os nenos e nenas de 5 apuntamos no noso diario de aula. Ese día e durante moito tempo observamos en directo o eclipse solar vendo os cambios  dende distintos puntos do planeta. Foi unha experiencia alucinante!! Ademais puxemos en xogo moitas áreas diferentes e traballamos o pensamento e a curiosidade, achegándonos á ciencia.


sábado, 22 de xuño de 2024

#PRESUMIMOS DE TRABALLO DO PDI

No corredor da entrada estiveron dende principios de xuño expostos os traballiños finais do PDI. A maiores do xa feito ao longo do curso, tódalas aulas presentaron  o seu traballo final, recompilatorio do pescudado e elaborado utilizando recursos variados, observación, manipulación, vivenciación, experimentación científica, sementado e coidado das arboriñas, faladoiros na radio, achegamento emocional , libros, internet...

Claro que chegou o furacán de fin de curso e tódolos nenos e nenas, especialmente os pequenos quixeron levar todo para casa. É o seu traballo!

Vede agora o que ocupaba o noso corredor.



TRABALLIÑOS SOBRE OS INSECTOS DO BOSQUE

LIBROS DE SOLAPAS COAS PESCUDAS REALIZADAS 

Noutra entrada amosarémolos por dentro










MURAIS EN CARTOLINA E A3

3 anos A moreira


4 anos O castiñeiro

MATERIAL COMPLEMENTARIO DO MARMELEIRO



MURAIS SOBRE TIPOS DE BOSQUE

Fraga, cereixal, souto,carballeira e acevedo


MURAIS, COLMEAS E ABELLAS





DIORAMAS

DIORAMA DO BOSQUE CRETÁCICO

Para os que non o sabedes, o bosque cretácico tiña moitas das especies de hoxendía...as coníferas, a carriza, os fentos,...E así o fixo Lois de 5 anos, cos seus dinosaurios e todo! Toda a clase pintou un debuxo do bosque cretácico, pero non chegaron a poñelo na exposición.


MATERIAL VEXETAL PARA OBSERVAR

Tamén tiñamos un clasificador de follas, os bosques de Luísa e as cartas das árbores e unhas preciosas árbores con plástico de boliñas feitas polos de 3 para aprender as dúas partes principais da súa moreira, a copa e mailo toro. As aulas de 4 e 3 adornaron as súas portas e o interior das aulas con preciosos murais.