Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta biblioteca. Amosar todas as publicacións

martes, 19 de novembro de 2024

PRIMEIRA XUNTANZA DAS "ESTRELAS DA LECTURA"!

 

Por fin chegou o día no que iniciamos o noso club de lectura!

Hoxe foi a primeira reunión e tiñamos que comezar a crear esta nova comunidade que nace no noso centro... 

O primeiro que fixemos foi decidir un nome! Varias boas ideas apareceron no debate, pero finalmente quedamos con "As estrelas da lectura" ou súa versión abreviada "lectoestrelas".

Como bos lectores que somos, precisabamos unha bolsa á altura para transportar os nosos libros... polo que hoxe o club de lectura transformouse nun obradoiro artístico e creativo! Aínda estamos no proceso, pero xa vos deixamos botar unha ollada!





martes, 1 de outubro de 2024

LEMBRAMOS AS NORMAS!

 A biblioteca é un espazo no que podemos realizar múltiples actividades como: 

  • Ler ou estudar 
  • Buscar información 
  • Coller libros en préstamo 
  • Empregar os xogos dispoñibles 
  • Realizar actividades de debuxo e escritura 
  • Participar en actividades organizadas pola biblio: contacontos, obradoiros… 
  • Empregar os ordenadores para tarefas de investigación, búsqueda de información, traballos… 

O ambiente da biblioteca, como lugar de lectura, investigación ou estudo, debe ser o adecuado. O silencio, a responsabilidade e o respecto polos demais e polo espazo crean o clima necesario e imprescindible para un bo funcionamento da mesma. 

Deixamos por aquí as normas para que a nosa biblioteca funcione correctamente e sexa un espazo cómodo no que podamos gozar dos libros e da comunidade que construímos ao redor deles!