Durante o segundo trimestre estivemos a
traballar en tres novos edificios nos que coubo toda a información sobre os 3
eixos protagonistas deste trimestre...O Polbo de Verne, O Barquito de Alfageme
e a escultura da "Fada e o Dragón" adicada a Martin Códax e os trovadores
vigueses.
Os edificios escollidos para presentar a nosa información foron de novo tres edificios que forman parte do patrimonio dende hai moitos anos. O edificio Mulder, coa cúpula que o identifica, acompaña ao polbo de Verne nas Avenidas; A fábrica Alfageme mantense en pé lembrando á cidade todo o que fomos, ainda que navega hoxe en augas revoltas, á Oliveira e maila estatua dos trovadores acompáñanos un edificio do que non averiguamos o nome pero que está aí xa nas fotos mais antiguas que se conservan do paseo de alfonso.
Imos pouquiño a pouco, nas vindeiras entradas, ir debullando tódolos traballiños que se foron facendo nas aulas. Ainda nos quedan algunhas cousiñas por colocar nas paredes, pero enseguidiña teremos todo a punto para que o desfrutedes.
Vigo da para moito: unha cidade con tanta historia, sempre activa, co mar como eixo fundamental e unha arquitectura marcada polas diferentes épocas. Fermoso traballo o de este ano :-)
ResponderEliminar