luns, 4 de marzo de 2019

3,2,1...HOUSTON ESTAMOS PREPARADOS

Chegou o día e fomos quen de despegar cara á lúa á hora prevista. A galaxia enteira deuse cita no intre do despegue...

- A tripulación do Apolo XI formada polo grupo de nenos e nenas de 6º
- Os selenitas esperando acontecementos, 5ºA e5º B
- As estrelas da galaxia, os de 4º
- Os científicos da NASA, os de 3º
- Os planetas, os de 2º
- As estrelas de 1º
- Os foguetes Apolo XI, os de 5 anos
- Os astronautas, os de 4 anos
- O planeta terra e maila lúa, os de 3 anos

SEMANA DE TROULA

Coma ben mandadiños que somos durante toda a semana o cole foi un ir e vir de nenos, nenas e maiores cumprindo as ordes que día a día debullou o noso Meco, Apoloscen. Dende o seu recunchiño a nosa nave do 50 aniversario foi mirando compracida este desfile trouleiro.
Imos deixando aquí as primeiras fotos.


domingo, 3 de marzo de 2019

DIA DA PAZ: ELMER E AS LINGUAS

Quedounos atrás  esta entrada sobre o traballo do Día da Paz. Non pensedes que non fixemos nada para celebrar o día, pero é que non sempre se pode chegar a tempo nesta bitácora. Aquí deixamos o relato do que foron aquelas xornadas nas aulas.

Tódalas aulas traballamos xuntos na diversidade das persoas e, en especial, nas linguas; aproveitando que este ano celébrase o Ano Internacional das Linguas indíxenas.
O conto Elmer, traballado en papel ou en versión dixital, serviu de base para a reflexión da que tiramos unha morea de palabras que falaban da paz, da diversidade e da oportunidade de convivir e respeitar as diferencias. Con todas elas elaboramos unha listaxe común que foi a que traducimos a 10 linguas diferentes. Estas palabras e a decoración personalizada que creamos en cada aula compuxeron un mural con 10 Elmers diferentes e todos igualmente fermosos.
Todos  diferentes, todos iguais, foi o noso lema para este ano.


























luns, 25 de febreiro de 2019

APOLOSCEN MANDA NO ENTROIDO

Celebramos este ano os 50 anos do noso cole, pero tamén os 50 da chegada do home á lúa. Daquela é a lúa o noso destino neste entroido aniversario. O Meco mandarica deste ano é unha nave espacial coa que pretendemos chegar a celebrar outros tantos anos, pero por se para entón xa non habitamos o planeta terra ( xa se sabe,,,contaminación  do aire, das aguas, lixo por todo o planeta, calentamento global...) imos abrindo camiño cara o noso satélite. A ver se alá aprendemos a coidar máis e mellor do que temos!.
Para empezar imos cumplir cos mandados do "Apoloscen":

LUNS...................UNHA MÁSCARA.........                (PARA PODER RESPIRAR)
MARTES..............UN SOMBREIRO ESPACIAL......  (A FALTA DE CASCO...)
MÉRCORES.........UN BANDERÍN.................... (SE OS AMERICANOS CHANTARON A  SÚA                                                                             BANDEIRA NÓS  TAMÉN)
XOVES.................UNHA LÚA PINTADA NA CARA....(CANDO SAIMOS DA CASA                                                                                                           TEMOS QUE IR BEN ENFEITADIÑOS)



luns, 11 de febreiro de 2019

COMEZO OFICIAL DA CELEBRACIÓN DO NOSO ANIVERSARIO


Nesta  mañanciña de sol deste luns 11 de Febreiro demos comezo “oficialmente” ás celebracións do  50 aniversario do cole. O noso alcalde, a concelleira de educación, o delegado territorial da Consellería,  o noso inspector -e o que tivemos en anos pasados-, representantes da ampa, da agrupación de montes, Anxo Rodríguez, o autor do libro de toponimia sobre Santo André de Comesaña... un nutrido grupo de persoas que nos quixeron acompañar nesta data. A nosa directora, o delegado da Xunta e o alcalde pronunciaron unhas palabras que nos serviron para decatarnos da importancia deste aniversario e o camiño que leva percorrido o noso centro nestes anos nos que moitos de nós ainda non andabamos na escola.







O certo é que xa hai tempo que arrancaron os preparativos desta xornada e xa temos varios proxectos en marcha nos que todos e todas estades colaborando. Os nosos visitantes aproveitaron para ver tamén eses traballiños que ocupan parte do noso horario escolar e aqueles que estamos recibindo dende as casas. A nosa exposición 50 ANOS DE HISTORIA...E MÁIS...coas cousas e fotos aportadas polas familias; o noso mural de presentación do aniversario...cos "50" decorados polos alumnos e alumnas; o mural de presentación das familias...cos carteis que pouco a pouco ides enviando (non esquezades facelo os que ainda non vos animastes!!); o noso traballiño de xeolocalización feito por tódalas aulas.... pequenos grans de area que compoñen un proxecto que ira medrando máis e máis ata a fin de curso.









mércores, 16 de xaneiro de 2019

SORPRESA NO OBRADOIRO DE GANCHIÑO

O segredo que atesouraban no obradoiro de ganchiño, do que xa vos falamos noutra entrada, empeza a estar ao descuberto. Aí o tedes.!! Estaban a prepararnos un agasallo moi especial. Onte puidemos ver cómo un 5  estaba empezando a medrar no patio de entrada do cole. Convertirase pouquiño a pouco nun impresionante "50" que nos lembrará o aniversario que estamos a celebrar. 
A pesares do entusiasmo co que traballan nenos, nenas e profes nos recreos na biblioteca, a producción de flores non é suficiente. Daquela, os mouchiños, que teñen moitas gañas de colaborar na nosa festa, veñen de enviar unha invitación  a tódalas familias para que se animen a facer unha flor de ganchiño  para encher este orixinal cartel. A carta xa está nas mans das familias. Precisamos a colaboración de todos!! Os que xa non están no cole tamén poden participar e mesmo os que ainda están por vir. O Cole "párroco" é de todos e desexamos que todos vos alegredes connosco de ter chegado ata aquí.


luns, 24 de decembro de 2018

domingo, 23 de decembro de 2018

AS FAMILIAS CUMPREN. COMEZAMOS AS PRESENTACIÓNS

Os mouchiños pedíronlles ás familias que se presentasen e que empezasen canto antes para ir desenvolvendo este pequeno proxecto ao longo do curso sen afogos. Meu dito, meu feito. Estas son as familias máis madrugadoras, que se presentan á cita do noso 50 aniversario. Falta unha familia que non fomos quen de colocar no mural a tempo. Á volta das vacacións amosarémosvos ese fermoso traballo.
Polo de agora desfrutade con estas fotos.

FAMILIA DE LUCAS 4º INFANTIL. A SÚA MAMÁ XA ESTIVO NO COLE E TEN CURMÁNS NOUTRAS AULAS.




FAMILIA DE ANA. 5ºB É A PRIMEIRA EN VIR AO COLE




FAMILIA DE ALDARA 5º B.





HÉCTOR (4ºINF) E ZAIRA 6º . ZAIRA FOI A PRIMEIRA.





ÁLVARO (4º INFANTIL) É O PRIMEIRO EN VIR AO COLE


MÚSICA NA FIN DO TRIMESTRE

Para rematar as actividades do trimestre todo o cole desfrutou da actuación da Banda de Beade. 3 menbros da mesma viñeron ao cole a ensinarnos algúns dos seus instrumentos, a facer xogos musicais connosco e a tocar algunhas pezas musicais que moitos fomos quen de recoñecer. En dúas quendas pequenos e maiores pasamos todos un tempiño moi agradable entrenando o noso oido musical.

Deixámosvos fotos do primeiro pase, o dos pequenos de infantil, primeiro e segundo.