Nesta mañanciña de sol deste luns 11 de Febreiro demos comezo “oficialmente” ás
celebracións do 50 aniversario do cole.
O noso alcalde, a concelleira de educación, o delegado territorial da Consellería,
o noso inspector -e o que tivemos en
anos pasados-, representantes da ampa, da agrupación de montes, Anxo Rodríguez, o autor do
libro de toponimia sobre Santo André de Comesaña... un nutrido grupo de persoas
que nos quixeron acompañar nesta data. A nosa directora, o delegado
da Xunta e o alcalde pronunciaron unhas palabras que nos serviron para decatarnos
da importancia deste aniversario e o camiño que leva percorrido o noso centro nestes
anos nos que moitos de nós ainda non andabamos na escola.
O certo é que xa hai tempo que arrancaron os
preparativos desta xornada e xa temos varios proxectos en marcha nos que todos
e todas estades colaborando. Os nosos visitantes aproveitaron para ver tamén
eses traballiños que ocupan parte do noso horario escolar e aqueles que estamos
recibindo dende as casas. A nosa exposición 50 ANOS DE HISTORIA...E MÁIS...coas
cousas e fotos aportadas polas familias; o noso mural de presentación do
aniversario...cos "50" decorados polos alumnos e alumnas; o mural de presentación
das familias...cos carteis que pouco a pouco ides enviando (non esquezades
facelo os que ainda non vos animastes!!); o noso traballiño de xeolocalización
feito por tódalas aulas.... pequenos grans de area que compoñen un proxecto que ira
medrando máis e máis ata a fin de curso.
Parabéns!! 50 anos son moitos anos! Dise pronto, pero analizar todo o que significa cumprir anos... Carai! Noraboa :-)
ResponderEliminar