xoves, 15 de xuño de 2023

NOVO CONTACONTOS DAS NENAS DE 2º

 Cando pensabamos que as estupendas sesións de contacontos remataran, hoxe atópamonos por sorpresa cunha nova invitación dos nenos e nenas de 2º. na hora de ler xuntámonos todos os compañeiros de infantil, 1º e 2º e gozamos coa representación e lectura do conto Un rico pastel de Christian Voltz.



venres, 2 de xuño de 2023

ENQUISA PARA OS ALUMNOS DE 4º, 5º E 6º

 

DE NOVO UNHA FAMILIA EN 3 ANOS

 Desta volta, os pais de Sara achegáronse ata a aula para facer gozar os cativos cun conto moi especial A que sabe a lúa. Mágoa que moitos compañeiros estivesen "maliños" e non puidesen escoitar este precioso conto.







SEGUNDO A TODA MÁQUINA

 Os nenos e nenas de 2º de primaria colléronlle gusto a animar a hora de ler e, unha semana máis, petaron nas nosas portas e entraron cunha nova lectura. Infantil, 1º e 2º escoitamos encantadísimos o conto A señora Spider que Héctor, Álvaro e Martín nos contaron. Que ben! Xa estamos agardando pola seguinte!













sábado, 27 de maio de 2023

OS TRES PORQUIÑOS EN TEATRO

 Lois e Beltrán, de 4 anos, improvisaron no teatriño da aula unha versión moi particular do conto Os tres porquiños, un dos seus favoritos durante todo o curso. Coa dramatización e o xogo tamén traballamos o gusto pola lectura.  Non foron os únicos en atreverse. Enseguidiña subiremos outra peza "especial" creada por outros dous cativos da aula.



xoves, 25 de maio de 2023

AS FAMILIAS CONTAN

 As familias tamén contan. Esta semana o pai e maila nai de Angel de 3 anos achegáronse ata a súa aula para agasallar ós nenos cun estupendo conto. Elmer, o elefante, protagonizou esta xornada tan especial. Graciñas, familia!






NOVO CONTACONTOS DE 2º

 Los besos del lobo feroz é o novo conto que un grupiño de nenas e nenos de 2º contaron na hora de ler os compañeiros de infantil e primeiro. Encantounos o conto e gozamos moito indo unha vez máis á biblioteca.












martes, 16 de maio de 2023

5 ANOS DA CONTA DO SEU TRABALLO

 Os nenos e nenas de 5 anos fixeron un estupendo proxecto arredor da alimentación abondando no contido que traballamos no noso PDI deste curso. Escoitade todo que saben!

 
 Aínda que estamos a rematar a presentación podedes ver un pouco como lles quedou o seu proxecto no papel. Tamén as actividades de arte que fixeron canda o traballo documental. aqui