Hoxe foron Zoe e Carla de 3º de primaria as lectoras xardineiras que achegaron ós peques de 3 e 5 anos a historia do Carballo con botas. Ao remate quixeron ver se estiveran atentos. Falaron cos peques, Preguntáronlle cousiñas do conto e falaron cos peques sobre como coidaban eles o planeta e como habería que facer para evitar os lumes. Estaban atentas ao reto do mes #concienciamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario