Desta volta é a familia de Iago (3 anos) e Adriana (6º de primaria) quen nos comparte un precioso vídeo da súa vida con restriccións. Coma eles, dicimos que ogallá este lío de non poder estar coa familia e amigos e facer cousas xuntos pronto sexa "historia". Ánimos!
Amosando publicacións coa etiqueta Album pandemia b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Album pandemia b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 13 de febreiro de 2021
MÁIS COUSIÑAS PARA O ÁLBUM DA PANDEMIA
Alba de 4º de primaria, Andrés de 4 anos e a súa familia envíannos unhas cousiñas moi especiais... o arco da vella da súa xanela no confinamento, o vídeo do primeiro día que sairon aplaudir ós sanitarios e un acubillo moi especial para eles naqueles días pechados na casa, a cabaña que lle fixo o seu pai na que lían contos e xogaban xuntos. Que experiencias tan boas para un tempo no que todos sufrimos moito!
VEDE O VÍDEO DO SEU PRIMEIRO APLAUSO neste enlace
domingo, 7 de febreiro de 2021
COMEZAMOS A RECIBIR COUSIÑAS DAS CASAS: LEMBRANZAS E BICOS
Julia de 5 anos envíanos o seu arco da vella da corentena. Un bo xeito de comezar a compoñer o ALBUM DA PANDEMIA. Veña animádevos a enviarnos esas cousiñas que nos axudaron a pasar esta experiencia.!
Tamén dentro do outro proxecto que vos propoñiamos Mencía e Lucas de 3 e 4 anos envían un forte bico a súa familia da aldea
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




