sábado, 13 de marzo de 2021

PESCUDANDO NAS MULLERES E A CIENCIA: 4 e 5 anos

 Para visibilizar o traballo arredor do tema imos comezar falando da particular ollada dos pequenos das clases de infantil.

 Os nenos de 4 pescudando no mundo dos "laboratorios"  achegaronse á Marie Curie. Coñecérona lendo o conto  que forma parte da nosa maleta viaxeira de mulleres




Despois de falar moito dela e xuntar tódolos datos precisos fixeron estes traballiños sobre ela.









 Os de 5 pescudaron nas cousas que lles podían aportar dúas científicas importantes á súa loita contra os mocos e o coronavirus dentro do seu proxecto pirata. Tratábase da astrónoma Hipatia de Alejandría e a viróloga Margarita Salas. Un luxo de axudantes na súa misión!

Investigaron como eran os seus traballos de astrónoma e viróloga e que precisaban para facelo ben. A palabra astrónoma éralles descoñecida e moito máis viróloga. Despois de reflexionar, enseguidiña relacionaron os astrónomos coas estrelas e lembraron que nos barcos é moi importante coñecer o ceo para  poder orientarse. Só faltaba averiguar que instrumentos usaba un astrónomo nos tempos de Hipatia... Unha olladiña a internet e listo... O astrolabio! 



Para averiguar cousiñas sobre Margarita Salas tíñano  máis dicifil. 
-Que será unha viróloga?. Nin idea! O único que tiñan claro era que debía estudar algo porque a súa profesión remataba en ...ÓLOGA. En troques de pescudar nos libros ou en internet decidiron poñerse en contacto con ela e preguntarlle directamente cal era o seu traballo e como podía axudar no barco.







A presentación dos debuxos completa porémola en "Follas de Moreira"

Pescudando nos xornais van seguir investigando no uso do microscopio e no labor doutra Margarita importante. Margarita del Val. Xa vos amosarán as fichas que farán coa información. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario