Amosando publicacións coa etiqueta semana da prensa 2021. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta semana da prensa 2021. Amosar todas as publicacións

venres, 16 de abril de 2021

MULLERES EN 4º DE PRIMARIA

 Os nenos de 4º de primaria traballaron conxuntamente a prensa e as mulleres inventando novas e desenvolvendo a súa  vertente creativa. Dentro do PDI afondaron no traballo de Isabel Zendal que poderemos ver no blog adicado a este proxecto da biblio.








xoves, 1 de abril de 2021

OS DE SEGUNDO LEN OS XORNAIS

Os nenos de 2º traballaron cos xornais na pasada Semana da prensa no mes de marzo e escolleron a nova que máis lles chamou a atención.

 

domingo, 14 de marzo de 2021

SEMANA DA PRENSA

 Esta semana e coincindindo coa celebración do Día da Muller desenvolveuse a Semana da prensa. Unha semana diferente por mor da pandemia porque os nosos corredores non puideron estar ateigados de xornais diferentes onde atopar e analizar información interesante. Aínda así os xornais estiveron, e van  estar ata a fin do trimestre, presentes nas aulas na súa modalidade dixital. A prensa é un vehículo de información importante que non debemos descoidar. Recoller e analizar información de diferentes medios e de diversas fontes é unha boa arma contra a desinformación e no presente intre contra a infodemia que arrodea a pandemia da covid-19.

Os nenos de 1º coñeceron a través dela a unha importante muller nas pescudas científicas que sostiveron o desenvolvemento das vacinas. Eles, que na súa parte do PDI tamén estudaron as vacinas, tiveron así outro punto de vista interesante do tema.