ÉRICA ESMORÍS VISITA A 5º E 6º DE PRIMARIA
O xoves 14 de abril, os alumnos de 5º e 6º de primaria recibiron a visita da autora Érica Esmorís, gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2015, co seu libro "Nena e o mar".
Ao longo de hora e media, fixo un percorrido da súa vida como escritora. Contoulles a súa paixón polos animais, o mar e a creación literaria. Como é o seu proceso escritor desde que comenza un libro, ata que o finaliza.
Este libro foi adicado ao seu "neno-serea", un gato precioso chamado Pepe.
Escoitaron tamén a banda sonora que compuxo o seu mozo para "Nena e o mar".
Despois de adicarlles o libro, invitáronna a ver unha pequena exposición de maquetas e debuxos que xurdiron despois da lectura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario