Para rir, soñar e imaxinar, un libro en galego quero pedir xa!
Aquí deixamos unhas recomendacións de lecturas en galego para engadir na carta de Papá Noel e os Reis Magos...
Para rir, soñar e imaxinar, un libro en galego quero pedir xa!
Aquí deixamos unhas recomendacións de lecturas en galego para engadir na carta de Papá Noel e os Reis Magos...
Despois de terminar esta apaixonante lectura chea de emocións, aproveitamos a nosa última sesión antes das vacacións de Nadal para facer unhas botellas da calma, unha actividade relaxante e significativa que nos permitiu pechar o club de lectura dun xeito especial.
O club é un espazo que vai moito máis alá da lectura, unha oportunidade para convivir e socializar nun ambiente creativo e inspirador.
Os voluntarios e voluntarias de 6º están decididos a mergullarnos nun espazo cheo de maxia navideña co pintado das ventás.
Xa estamos no último mes do ano e non queremos rematalo doutra maneira que LENDO!
Propoñemos Por cuatro esquinitas de nada para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Un conto que nos fai reflexionar sobre as barreiras que temos no mundo que deixan a moitas persoas fóra...

Como tamén nos estamos achegando á época máis máxica do ano e nós non queremos perder a oportunidade de aprender máis sobre esta tradición e descubrir os diferentes xeitos que hai de festexar o Nadal polo mundo co Nadalario.

Por fin chegou a hora de compartir "a nosa ciencia" na nosa lingua.
Despois da consulta, preparación dos materiais, elaboración das hipóteses e predicións, levamos a cabo os nosos experimentos no recuncho cientifico da biblioteca, valorando os resultados e elaborando unhas conclusións.Nesta data, non queriamos deixar de acompañar a labor educativa que denuncia e prevén a violencia de xénero.
Os libros fan posible coñecer e rexeitar este tipo de violencia a través de historias moi desgarradoras, pero cheas de esperanza.
Co libro El chubasquero de Aurora puidemos comprender como sufre unha nena e unha muller que viven cunha persoa-monstro.
Os nenos e nenas de 4º, despois de ler a historia, analizala e comentala plasmaron algunhas ideas no propio chubasquero de Aurora, separando o que fai que nos rompa o corazón, do que consegue a cor morada, símbolo da igualdade.
Todos os días temos o noso tempo de lectura, 3º está moi enganchando aos libros de NON FICCIÓN e aproveita este ratiño para aprender cousas de diversos eidos.
No Párroco gozamos moito mergullándonos en historias e contos, pero tamén desfrutamos lendo para aprender.
Aquí deixamos unhas fotiños que nos sacaron cando estabamos moi concentrados!
Nesta sesión, despois de descubrir como Alma atopa calma e benestar ao entrar na burbulla de calma serena, decidimos facer tamén as nosas propias burbullas de calma, igual que no libro, convertendo a actividade nun momento moi persoal.
Cada un escolleu un dos seus recordos máis felices e representouno dentro dunha burbulla, empregando debuxos, palabras e cores que nos transmitían tranquilidade e benestar.
Coa chegada de novembro, apareceu na biblio un novo recuncho onde facer e compartir ciencia empregando a lingua galega.
Con esta actividade mostramos que a lingua galega é tan últil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.
Como non podía ser de outra maneira, seguir o método científico, preparar os experimentos, compartir os resultados non é cousa doada que se faga nun día.
Aquí podedes ver a algún de nós consultando libros de experimentos, plantexando as nosas hipóteses e preparando as nosas exposicións científicas:
Axiña poderemos compartir os resultados!
Chegou novembro e con este mes novos libros para ler!
Un amigo como tú

Unha fermosa lectura de outono coa que comprendemos o verdadeiro sentido da amizade.
El arquitecto y el árbol

Un libro para dar a benvida ao noso PDI sobre ao arquitecto Gaudí. Con esta lectura poderemos reflexionar sobre: Que é un arquitecto? En quen debe pensar cando deseña? Que fai un bo arquitecto? etc.
As lecturas están xa na sección "LIBROS DO MES" da nosa biblio!
O pasado 24 de outubro celebramos o día das bibliotecas. Eliximos deta vez o conto "León de biblioteca" que nos deu pé a falar sobre as normas, funcións e a importancia que teñen as biblios, isto último dende un punto máis persoal e emocional, pois descubrimos que as biblios poden ser moito máis que "espazos de lectura e indagación".
Os maiores lemos e comentamos... Os máis pequenos incluso nos animamos a plasmar artísticamente o conto e as súas personaxes.
Non esquezades o poder que teñen as bibliotecas E GOZADE MOITO DA NOSA!
Nesta época do ano, como nos gusta ler contos sobre o outono, a caída das follas, as castañas, o magosto... e, por suposto, lecturas de Samaín e de medo! Temos os nosos recunchos e a nosa biblio chea destas lecturas!
O CEIDA -Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia-, a través a súa biblioteca e Centro de Documentación Ambiental, compartiu con nós a MALETA "PONTE A ZERO" onde atopamos unha colección de libros informativos e literarios sobre a temática dos residuos, a compostaxe e os hortos escolares.
Lecturas moi importantes que nos achegan á problemática do lixo e á reutilización dos residuos, fomentando actitudes cívicas e de corresponsabilidade co medio natural e social.
Esas lecturas encheron os nosos recunchos de lectura durante o mes de setembro e parte de outubro!
O curso pasado, todos colaboramos nun obradoiro de biblioteca creativa para crear uns recunchos de vimbio.
Este curso démoslle un novo uso, transformando parte dos corredores en RECUNCHOS DE LECTURA.
Agora, ademais da nosa superbiblio, temos nos corredores un espazo que nos acolle cando lemos.
Así resultaro!
As xuntanzas das Lectoestrelas, sempre dan para moito... nesta ocasión realizamos unha actividade creativa centrada na imaxinación e no deseño de extraterrestres inspirados no protagonista da obra que estamos lendo Burbullas de calma serena.
Despois do debate sobre a historia e a personalidade do personaxe principal, demos renda solta a nosa fantasía para crear seres doutros planetas e pasamos un bo rato compartindo a nosa creación cos demais!
Algo misterioso aconteceu na nosa escola! Cando iamos celebrar o Día das Escritoras, un mensaxeiro secreto da biblio comunicounos que desapareceran e tiñamos que axudar a resolver ese enigma!
Todos aceptamos ese resto e seguimos as pistas ata atopar as escritoras secretas! Atopamos ata 9 escritoras de distintos países! E ben sabemos que nos libros están agochadas moitas máis!
Con esta actividade, ademais de coñecelas a ELAS descubrimos novas historias e lecturas que nos invitan a seguir lendo!
Aquí vos deixamos como plasmamos e compartimos as nosas descubertas e como foi o proceso!
Chegou outubro e con este mes novas propostas lectoras para todo o centro!
Dende Voz Natura xa estamos argallando na horta e pensando nos nosos montes... Se imos plantar landras, que mellor comezo que Xaime e a landra?

Non esquecemos que a finais deste mes chega o Samaín! Polo tanto, todo o mundo a mergullarse nesta festa coa lectura O noso Samaín.

Non esquezades que haberá moitas máis lecturas relacionadas co outono e o Samaín nos expositores da biblio!
Felices lecturas!