mércores, 20 de novembro de 2024

20N - CONMEMORACIÓN DOS DEREITOS DA INFANCIA: XOGOS E LAB BOOKS NA BIBLIO

 

Hoxe, 20 de novembro, é o día no que conmemoramos os dereitos dos nenos e das nenas

Na biblioteca atopamos un xogo para descubrir ou lembrar os nosos dereitos. Gozamos moito do xogo, e tamén aproveitamos para reflexionar sobre o cumprimento dos dereitos,  a importancia de defender a infancia e as diferentes situacións que poden darse segundo o lugar no que nos atopemos. 

Completamos esta actividade coa creacións duns lab books coa información que atopamos nunha pequena investigación sobre a orixe dos dereitos do ser humano e, especificamente, dos nenos e nenas.

Como sempre dicimos, aínda que somos pequenos e pequenas, temos os nosos dereitos e unha voz para compartir grandes ideas cos adultos!




 

martes, 19 de novembro de 2024

PRIMEIRA XUNTANZA DAS "ESTRELAS DA LECTURA"!

 

Por fin chegou o día no que iniciamos o noso club de lectura!

Hoxe foi a primeira reunión e tiñamos que comezar a crear esta nova comunidade que nace no noso centro... 

O primeiro que fixemos foi decidir un nome! Varias boas ideas apareceron no debate, pero finalmente quedamos con "As estrelas da lectura" ou súa versión abreviada "lectoestrelas".

Como bos lectores que somos, precisabamos unha bolsa á altura para transportar os nosos libros... polo que hoxe o club de lectura transformouse nun obradoiro artístico e creativo! Aínda estamos no proceso, pero xa vos deixamos botar unha ollada!





sábado, 9 de novembro de 2024

OBRADOIRO DE KUMIHIMO

Como ben sabedes, encántanos que o noso alumnado teña a oportunidade de participar en obradoiros artísticos e creativos. 

Este ano iniciamos un obradoiro enmarcado dentro de Polos e Biblioteca creativa para aprender a técnica de  KUMIHIMO!

Resulta que o Kumihimo, é un disco ou telar redondo que nos serve para crear trenzas redondas e facernos unhas bonitas pulseiras!

Aquí vos deixamos unha mostra do proceso!






SAMAÍN NA BIBLIO

 SAMAÍN NA BIBLIO 🎃 🕷️ 👻 

A biblio do noso cole non puido librarse dos efectos do samaín… Nestas últimas semanas, uns pequenos seres 🕷️foron conquistando as nosas estanterías coas súas teas… Foi difícil non quedar presos nas súas redes… 

As pantasmas do Párroco tamén pasaron pola biblio para amosarnos as lecturas máis terroríficas 📖👻 

Entrar na biblio sempre é unha aventura… pero esta foi arrepiante 😦🫨 

Os nenos e nenas do cole gozaron e compartiron lecturas terroríficas con monstros e meigas como protagonitas... E  tamén se achegaron á historia do Samaín e coñeceron a orixe desta celebración en Galicia.