venres, 29 de novembro de 2019

OBRADOIRO DE EXPERIMENTOS NO RECREO

Novembro remata, e con él, o "mes da ciencia en galego".A nosa biblioteca este mes acolleu un expositor de libros  informativos e contos arredor da ciencia, ademáis dos expositores de contidos virtuais neste blog adicados a cientificos e cientificas galegos, ciencia e divulgación na nosa fala.
En galego desenvolvemos tamén tódalas pescudas e presentación da información documental que estamos a traballar nas tarefas do PDI, cun grande peso científico arredor do coñecemento da biodiversidade natural. A finais de trimestre comezaremos xa a ter os primeiros froitos deste traballo.







Aínda que  a celebración oficial chega ó seu fin, a  nosa andaina pola ciencia vai continuar. Moitos aspirantes a científicos están xa agardando a súa quenda para amosarnos os experimentos nos que traballaron.
Hoxe venres 29, día da inauguración do obradoiro, e con moito público no ximnasio, foron as protagonistas Claudia, Amira e Sabela, tres nenas de 4º de primaria. Este é o vídeo da súa "actuación".


CARAPUCHIÑA EMPONDERADA. 4 ANOS E 3º DE PRIMARIA

Os nenos e nenas de distintas aulas de Primaria pasaron na semana contra a violencia de xénero pola biblioteca a visitar o expositor e ler o conto recomendado.






Nestas fotos vemos os nenos e nenas de 3º de Primaria lendo e falando do tema e xogando cos títeres dos personaxes do conto.


 

 





Na aula de 4 anos, aínda que son pequenos, (moitos veñen de cumplir 4 anos hai nadiña), tamén escoitaron o conto  e despois pasaron parte da semana falando do tema... das diferencias coa versión tradicional, da necesidade de enfrontar os problemas e argallar solucións, sobre as cousas que pode facer Carapuchiña para escapar do lobo. 





Algunhas das súas orixinais propostas foron...


-ENGAÑAR AO LOBO APROVEITANDO QUE A LUZ ESTABA APAGADA .
-DISFRAZARSE DE MONSTRUO E METERLLE MEDO
-DISFRAZARNOS DE LOBO E COMÉRNOLO NOS.
- E PARA QUE IMOS DISFRAZARNOS? ANTES DE QUE ABRA A BOCA COMÉMOLO NÓS
-AGACHARSE TRAS DEL PARA QUE NON NOS MIRE
-POÑERLLE UNHA CINTA NA BOCA PARA QUE NON POIDACOMER.
- POÑERLLE PEDRAS NO CAMIÑO PARA QUE TROPECE E CAIA
-`POÑERLLE COMIDA CANDO  PERSIGUE A NENA PARA QUE SE ENTRETEÑA E NON A ALCANCE.
-FACERLLE DAR MOITAS VOLTAS NA FUXIDA PARA QUE SE CANSE.
-AGACHARSE NUN LUGAR DA CASA SEN QUE EL A VISE
-POÑER UNHA REDE PARA QUE QUEDASE ATRAPADO Ó ERGUERSE DA CAMA
-POÑER UN TOURO NA PORTA PARA QUE O ESCORNE
...MIL E UN TRUCOS QUE FARÍAN QUE O LOBO NON PUIDESE SAIRSE COA SÚA.

Fixeron debuxos nos que reflectían estas ideas que tiveron. Estes son dous deles...

SOLUCIÓN: FACER UNHA CRUZ E POÑER UN CARTEL DE PROHIBICIÓN



SOLUCIÓN 2: MAREAR AO LOBO E QUE NON ACADE O SEU OBXECTIVO




 e foron quen de manexar os títeres e contarnos o desenvolvemento do conto. De entre todos poñémosvos este vídeo coa solución (contada) máis orixinal. Non hai lobo que resista cando unha Carapuchiña con carácter fai ouvidos xordos ás súas peticións. Ogallá isto fose posible sempre na vida real.



TRANSCRIPCIÓN DA NARRACIÓN :
-“El lobo se va de la cama (donde estaba) y se va a la casa de los lobos. Cuando el lobo se fue a su casa Caperucita se metió en la cama de la abuelita”
-Caperucita consiguió que el lobo se fuese?
- "Si"
Que le dijo Caperucita  para que se fuera?
-“Nada le dió un susto y se escapó” 
Como se acaba  el cuento?
-“Después Caperucita se fue a casa de su mamá” 
-Porque no le gustaba estar sola?
-Si









EN NOVEMBRO TAMÉN CELEBRÁMO-LO MAGOSTO

O expositor do outono ven acollendo, entre os moitos fondos escollidos, aqueles que falan da nosa festa tradicional , das características do castiñeiro e a castaña e contos e lendas arredor dos mesmos.
Tamén a nosa mesa de outono encheuse todos eses días  con froitos  e follas secas para observar e tamén con manualidades feitas con elas. 
Os días previos ao magosto as aulas traballaron  rimas e cancións e prepararon o tradicional cucurucho, que segundos cursos adopta tódolos anos formas cambiantes.








 Tocou tamén mirar atentamente o ceo e agardar se nos ofrecía un pequeno respiro que nos permitise gozar dos xogos e da paparota compartidos o ár ceibo. Tivemos sorte. Os xogos que fixemos foron tradicionais pero de distintos paises do mundo. Non estamos a dar a volta ao planeta para non aprender nadiña da súa cultura!! non si?
Desfrutamos un mundo cos xogos e coa divertida compañía dos nosos amigos e amigas ademáis de papar un cento de castañas.
Tedes as fotos no fonte dos frades.

NOVOS BODEGÓNS

Outra familia achegounos unhas estupendas fotos de bodegóns de outono. Noraboa. Un traballo impresionante o que estades todos a facer. Animádevos... o outono non rematou; e xa ven aí o inverno con novas propostas fotográfícas.







E SEGUEN OS XOVES LECTORES

Un curso máis desenvólvense (xa dende o pasado outubro) os tradicionais "Xoves lectores". 
Os maiores da escola, os de  6º de Primaria son os que abren o camiño, ainda que a moitos nenos e nenas dos cursos inferiores non lles da chegado a súa quenda.

Estes son os primeiros contos que se leron: lecturas inclusivas, estacionais e temáticas da época.

Elena de 6ºA leu "O avó de Zulaimar"







Gabriel e Sara de 6ºA leron "O poliño da abeleira"






Nano e Uxía de 6ºA leron "Samuel casi no tiene miedo"







mércores, 27 de novembro de 2019

LEMBRANDO OUTUBRO...A FESTA DO SAMAÍN

Contos no recuncho da biblio, obradoiro lector compartido, exposición familiar de cabazas, traballiños temáticos nas aulas, baleirado de cabazas, información deste feito cultural noso por parte do equipo de biblioteca e dinamización, disfraces, ...así despachamos a vivencia do Samaín no cole nestes días de outubro tan especiais.



















Ademáis en Infantil fixeron obradoiros temáticos nos que os libros e as tradicións tiveron un peso importante. Eles nolo contan...
"Aínda que o Samain xa tinguiu literariamente a semana de celebración do Día das Bibliotecas, os máis pequenos do cole non quedaron satisfeitos. Nos obradoiros de ciclo adicados a esta festa cruzáronse, ademáis da temática do PDI “Dándolle unha volta ao planeta” (todo o mundo sabe que as momias vivintes viaxan ás nosas aulas dende Exipto), o mundo lector e o da ciencia. Un conto moi especial...”O rato Renato e  a avóa cabaciña” traballando habilidades de pensamento, e mailos máxicos experimentos da Doctora Sonia foron as outras dúas sorpresas que agardaban os cativos de infantil nesta mañá de Samaín."



Podemos ver aquí tódalas fotos dos obradoiros



mércores, 20 de novembro de 2019

25 DE NOVEMBRO. DÍA DA NON VIOLENCIA CONTRA A MULLER. AS IDEAS DE CARAPUCHIÑA

Carapuchiña vermella non é un conto clásico que haxa que afastar de nós. É simplemente un retrato dunha realidade, dos valores cos que se definía noutros tempos o ser "muller".
Nós queremos este curso darlle "unha volta ao conto" e ir máis aló mudando o final; aprendendo que outra saída ás situacións coas que nos enfrontamos a miúdo é posible.
Daquela, temos o libro "a verdadeira historia de Carapuchiña" como "libro do mes" na biblioteca e dispomos ao seu carón diverso material de teatro coas personaxes do conto para poder construir as nosas propias historias.
Queremos que esta versión do conto tradicional nos sirva como punto de partida cara á necesaria reflexión arredor deste tema. 
A coeducación e a perspectiva de igualdade xa tingue dende sempre o noso facer cotián. Falta acaso unha educación na xestión emocional que nos permita a nenas e nenos ser quen de superar  situacións como esta (potencialmente de violencia de xénero) que non semellan ter saída. Valentía e  autoestima son valores   que van ser útis aquí e tamén no noso enfrontamento ao mundo segundo imos medrando. Esta Carapuchiña é un exemplo de que moitas veces, ainda que non sempre,  abondaría con escoitar,  interpretar os sinais de perigo e ser quen de argallar solucións eficaces.

O teatro vainos axudar, como dixemos, a verbalizar esas situacións nas que de mil e unha maneiras Carapuchiña pode escapar do lobo ou, como xa apuntou algún pequeno nalgunha aula, podemos seica conseguir que sexa o lobo o que mude a súa actitude e se volva "bo".

Esta semana estamos mergullados nestas tarefas. Imos ver chegado o día 25 que situacións creativas fomos quen de argallar. Manterémosvos informados.






domingo, 3 de novembro de 2019

PRIMEIROS BODEGÓNS

Estas son as primeiras creacións que nos enviastes para a exposición  "O noso Outono". Sodes uns artistas! Noraboa! Pouquiño a pouco iremos ensinándovos as que non vaian chegando. Lembrade que  podedes enviárnolas durante toda a estación.